Entre os fins esenciais do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia están mellorar o nivel de calidade das accións socioeducativas dos/das colexiados/as, promovendo a súa formación e perfeccionamento, así como velar para que a actividade profesional se adecúe aos intereses da cidadanía. Todo isto co fin último de promover o benestar das persoas, grupos e comunidades destinatarias e protagonistas das intervencións profesionais das educadoras e educadores sociais. Nesta busca da mellora da práctica profesional, o Ceesg organiza formacións e accións de divulgación.
IV Convivencia Profesional e Interuniversitaria da Educación Social
Ven a convivir con Edusas de toda a península Ibérica. A coñecer investigadoras, estudantes e docentes. A formarnos, debater e repensarnos. A cantar, bailar, soñar e crear. A desfrutar do noso, da contorna, da cultura, da Educación Social
Trátase dunha convivencia pensada para as Educadoras Sociais dos SEAF, para compartir saberes e experiencias, para intercambiar propostas de acción socioeducativa, para participar dun marco formativo onde seguir aprendendo e medrando xuntas, para fortalecer o traballo en rede das profesionais de Educación Social dos distintos concellos de Galicia.
Prevención da explotación sexual na infancia e adolescencia
Trátase dunha formación organizada polo Ceesg en colaboración con Médicos do mundo que pretende dotar de ferramentas e capacidades ás persoas profesionais que interveñen (ou intervirán) con menores en tutela, garda ou protección de Galicia.
Violencia sexual dixital e explotación sexual de menores: claves para a prevención
Xornada técnica dirixida a Edusas colexiadas que pretende e identificar os aspectos máis relevantes da trata de persoas e a súa vinculación co mundo dixital.
I Congreso Internacional e Profesional de Educación Social
CIPIES busca ser un espazo de divulgación e reflexión científica e profesional da educación social. Durante dous días, compartiremos investigacións, experiencias, coñecementos e prácticas innovadoras que contribúan a facer avanzar a nosa profesión.
Estratexias para promover relacións de acompañamento bentratante baseadas no neurodesenvolvemento
Formación para o acompañamento a menores en situación de desprotección dende o paradigma dos Bos Tratos baseado no neurodesenvolvemento que estruture guíe e sosteña o acompañamento sanador.
Formación e sensibilización antirracista para profesionais da Educación Social
Acción formativa dirixida a Edusas colexiadas que pretende sensibilizar a través da formación para así xerar un cambio de actitudes nas prácticas sociais, individuais e colectivas do traballo sobre as ideas, percepcións estereotipos respecto das persoas inmigrantes.
Prevención da explotación sexual na infancia e adolescencia
Xornada técnica dirixida a Edusas colexiadas que pretende dotar de ferramentas e capacidades ás persoas profesionais que interveñen (ou intervirán) con menores en tutela, garda ou protección de Galicia.
Celebra o Día Internacional da Educación Social cunha fin de semana de creación de redes, intercambio de coñecementos e lecer e esparcemento nun marco natural inmellorable.
Xornada técnica: Abordaxe coordinada da protección infantil dende os seaf e os equipos técnicos de menores
Xornada técnica, dirixida a traballadoras dos SEAF. Contará con persoal técnico da Consellería de Política Social, que afondará no instrumento Valora como ferramenta de traballo, e con educadoras sociais dos SEAF que nos falarán sobre a coordinación cos equipos técnicos de menores das xefaturas provinciais.
Trátase dunha convivencia pensada para as Educadoras Sociais dos SEAF, para compartir saberes e experiencias, para intercambiar propostas de acción socioeducativa, para participar dun marco formativo onde seguir aprendendo e medrando xuntas, para fortalecer o traballo en rede das profesionais de Educación Social dos distintos concellos de Galicia.
Curso: Achegamento á saúde mental dende a Educación social
Adoitamos traballar con persoas afectadas en certa medida por eventos traumáticos. É importante como profesionais entender as condutas das persoas desde as experiencias vividas, entendendo o funcionamento do cerebro, a regulación emocional, o apego e trauma.
Xornada técnica: Adolescencia, tecnoloxía e adiccións dende unha perspectiva comunitaria: novos retos, escenarios e recursos
Xornada técnica na que coñeceremos o impacto actual das novas tecnoloxías na poboación adolescente e as posibles intervencións socioeducativas desde a perspectiva comunitaria
Xornada de educacion social, corpos e territorios en paz
Este relatorio é unha acción socioeducativa destinada a sensibilizar sobre os procesos de empoderamento das mulleres ao outro lado da “liña” Sur-Norte global e, ademais, dar a coñecer ao conxunto da sociedade a labor que desenvolven as mulleres das organizacións do sur.
Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.
Puedes revocar tu consentimiento en cualquier momento usando el botón de revocación del consentimiento.