Loading...

FORMACIÓN CEESG

Adolescencia, tecnoloxía e adiccións dende unha perspectiva comunitaria: novos retos, escenarios e recursos

Xornada técnica


Investigadores e institucións viñeron mostrando nos últimos anos unha crecente preocupación polo uso de Internet entre os adolescentes. O seu impacto a nivel psicolóxico e conductual tradúcese a miúdo na aparición de condutas de risco, fracaso escolar e problemas familiares. Tendo en conta o interese que o tema esperta a diferentes niveis, esta xornada técnica exponse cunha dobre intención: (1) traballar con datos reais recollidos de xeito científico que permitan coñecer desde un punto de vista descritivo cales son as actitudes, percepcións e hábitos de uso de Internet e as redes sociais entre os adolescentes e, (2) profundar na súa comprensión, contribuíndo así ao deseño de estratexias que favorezan un uso máis racional e saudable da Rede.

Datos básicos do curso

Data: sábado 6 de abril de 2024

Duración do curso: 6h (de 9h a 15h)

Modalidade: Presencial.

Lugar: sede da EGAP (Rúa de Madrid, 2, 15707 Fontiñas, Santiago de Compostela, A Coruña)

Cota de matriculación:

  • 10€ Colexiadas ou Amigas do Ceesg (ou calquera outro Colexio Profesional adscrito ao CGCEES)
  • 30€ persoas non colexiadas.

Data límite inscricións: 4 de abril do 2024

Obxectivos
  • Proporcionar ferramentas e recursos útiles para a intervención con adolescentes.
  • Coñecer as novas realidades e contextos que afectan ás/aos adolescentes hoxe en día relacionadas con tecnoloxía e adiccións.
  • Repensar a práctica socioeducativa por parte das Educadoras e Educadores Sociais.
Contidos

9h-11:45h: De que estamos realmente a falar? claves para entender e previr

Antonio Rial Boubeta. Profesor da USC. Experto en adolescentes e adiccións.

 

12:15h-15h: Prevención e intervención dende o eido comunitario

Anabel Mosquera González. Pedagoga experta en adiccións. Responsable do programa Fora de Xogo.

Metodoloxía

Esta xornada exponse en modalidade presencial, xa que busca ser interactivo e participativo.

Haberá unha presentación teórica para falar e reflexionar sobre os conceptos expostos. Esta presentación irá acompañada de vídeos que reflictan o explicado.

Haberá tamén, unha sesión práctica da elaboración de distintos proxectos por parte do alumnado, por exemplo: uso das redes sociais, a ludopatía, a adicción por uso de videoxogos, o primeiro móbil, o consumo de pornografía, uns orientados a menores outros ás familias.

Aportaranse as bases en canto a contidos, metodoloxía, etc. Tamén as fortalezas e debilidades máis habituais neste tipo de proxectos.

Docentes

Antonio Rial Boubeta

Doutor en Psicoloxía e Profesor Titular da área de Metodoloxía das Ciencias do Comportamento da USC. Responsable de numerosos proxectos de investigación do eido da mocidade e as adiccións, dende o Uso problemático de Internet e as redes sociais, ao consumo de alcohol e sustancias. É membro do Alto Comisionado da UNESCO para a loita contra o acoso escolar e o ciberacoso. Dirixíu o Estudo sobre o Impacto da Tecnoloxía na Adolescencia, levado a cabo por UNICEF cunha mostra de 50.000 adolescentes, que é un dos traballos científicos de maior envergadura feitos en Europa sobre o tema.

Anabel Mosquera González

Pedagoga experta en adicións e formadora de profesionais nos ámbitos sociosanitarios e educativos durante máis de 20 anos. Responsable do programa Fora de Xogo sobre prevención e información de ludopatías en menores no Concerllo de Narón.

 

Inscricións

Cota Colexiadas e Amigas Ceesg

10

EUROS



Cota xeral, non colexiadas

30

EUROS