Loading...

Cursos, xornadas, congresos, etc. que ofrecen desconto a persoas que forman parte do CEESG.

O CEESG non organiza nin patrocina estas actividades, nin se fai responsable do seu contido nin das condicións de contratación, que serán directamente coa empresa/entidade ofertante.

Preparación de oposicións de Educador/a social da Xunta de Galicia.

Entidade: Centro Estudio Oposiciones.

Desconto do 15% nas cotas mensuais.

O seu método inclúe:

  • Clases en liña retransmitidas en directo.
  • Todas as clases dispoñibles gravadas ata o final da preparación.
  • Preparación de todos os temas (lexislación e específicos) e envío ao teu domicilio en formato impreso.
  • Tests con autocorrección na aula virtual e posibilidade de ver o progreso.
  • Avaliacións e simulacros cando se achegue o exame.
  • Preparación de todos os exercicios.
  • Sesións de coaching motivacional e de técnicas de estudo.
  • Resolución de consultas e dúbidas.
  • Actualizacións sen custo.

Curso Universitario de Especialización en Coordinación, Gestión y Dirección de Centros y Servicios Sociales y Sociosanitarios.

Imparte: Talentia formación.

Duración: 100 horas (4 ECTS reconocidos pola Universidade de Vitoria-Gasteiz). Prazo de realización: un ano.

Lugar: En liña, ao teu ritmo.

Desconto de 10 € a colexiadas/os do CEESG no prezo de inscrición utilizando o cupón GESTION10 (a organización comprobará a efectiva colexiación das persoas que usen o cupón)

Ver información detallada

Formación de BoganFor. 2º semestre 2026

Organiza: BoganFor.

Cursos dispoñibles:

  • Detectar e actuar ante o abuso sexual infantil: ferramentas profesionais para intervir con seguridade (9 horas). Datas: 1, 8 e 15 de xullo de 2026. Enlace.
  • Construíndo contornas seguras: claves prácticas LOPIVI (12,5 horas). Datas: 8, 9, 13, 14 e 15 de xullo de 2026. Enlace.
  • Balora: instrumento para a valoración da desprotección e o desamparo na infancia e adolescencia (7,5 horas). Datas: 8, 15 e 22 de xullo de 2026. Enlace.
  • Violencia vicaria: protección e promoción da resiliencia (5 horas). Datas: 16 e 17 de xullo de 2026. Enlace.
  • Balora: aplicación do instrumento en casos prácticos (5 horas). Datas: 23 e 24 de xullo de 2026. Enlace.
  • Acompañar a dor adolescente: ansiedade, depresión e risco suicida (7,5 horas). Datas: pendentes de publicación. Enlace.
  • Mentalización e xestión emocional: unha aliada na relación socioeducativa (7,5 horas). Datas: pendentes de publicación. Enlace.
  • Regulación emocional e resiliencia: pautas de actuación na aula (30 horas). Datas: pendentes de publicación. Enlace.
  • A mochila emocional: comprender e atender os problemas de comportamento (30 horas). Datas: pendentes de publicación. Enlace.
  • O dó na aula: como acompañar o alumnado. Datas: pendentes de publicación (30 horas) . Enlace.
  • Fillos e fillas da violencia machista: achegamento e técnicas de intervención (50 horas). Datas: pendentes de publicación. Enlace.
  • O dó: claves para un acompañamento inicial. Datas: pendentes de publicación (4 horas). Enlace.

Prezo: As persoas colexiadas do CEESG terán un 5% de desconto no prezo dos cursos. Para iso é necesario indicar a condición de colexiada/o, que a organización comprobará posteriormente.

Información