Loading...

A sede do Ceesg é un espazo aberto e de encontro para a Educación Social, onde non só Se desenvolve o quefacer cotián do Colexio, senón que tamén pode albergar actividades de persoas ou entidades que precisen deste espazo ou dos recursos dos que dispoñemos.

Este servizo pode estar suxeito ao pago de cotas, de acordo co regulamento de cesión de espazos e equipamentos do Ceesg.

As persoas colexiadas que traballen por conta propia (xa sexan titulares de empresas ou por traballo autónomo) poden ademais beneficiarse do préstamo do seguinte material de xeito gratuíto, para uso fóra das instalacións do colexio: carpa (de 3x3m. serigrafiada co logo do Ceesg), altofalante de batería tipo trolley, micrófonos de man inalámbricos (2), mesa plegable (180x70cm.) Para ese caso, debe realizarse a solicitude do préstamo do material utilizando a mesma solicitude de cesión de espazo, describindo a actividade para a cal se vai utilizar.

Consultar regulamento de cesión de espazos.