Unha proposta de traballo plantexada pola Federación SOS Racismo que xurde como continuación do programa FormaSOS. Pretende sensibilizar a través da formación para así xerar un cambio de actitudes nas prácticas sociais, individuais e colectivas do traballo sobre as ideas, percepcións estereotipos respecto das persoas inmigrantes.
Psicóloga. Actualmente traballa para a Federación de SOS Racismo como técnica de proxectos de formación e investigación. Tamén é parte do Grupo de Traballo en Migración, Asilo e Refuxio do Colexio de Psicoloxía de Cataluña (COP-C). É coordinadora do C.E.M.D.R.I. (Centro de Estudios sobre la Migracion la Discriminacion y el Racismo Institucional) onde ten publicados artigos sobre a realidade da situación das profesionais solicitantes de homologación e/ou equivalencias de sus títulos universitarios estranxeiros en España. Finalmente, é estudante de doutoramento pola UDC e a USC, onde investiga a calidade de vida das persoas vellas na Galiza.