Cotas colexiais
COTA DE ALTA
A cota de alta págase no momento de solicitar a colexiación. Debe ingresarse na conta bancaria do Ceesg e anexar o xustificante xunto co resto de documentación.
- Xeral: 65 €.
- Redución para persoas tituladas recentemente: Gratis no curso inmediatamente seguinte ao do remate dos estudos.
COTA DE MANTEMENTO COLEXIAL
O colexio emitirá dous recibos ao ano para o cobro da cota de mantemento colexial, a través de domiciliación bancaria.
Estes cobros fanse por semestre adiantado (a finais dos meses de xaneiro e de xullo).
Cotas colexiais 2022
Tipo de cota | Contía semestral* | Documentación a presentar no Ceesg | ||
Xeral | 73,34 € | Ningunha | ||
Bonificada por desemprego
Aplicable tamén a pensionistas, estudiantes que non traballan, situación de excedencia por coidado de fillas/os, situación de impago continuado de salarios, e colexiadas/os que non residen no estado español. Ou situacións equivalentes acreditadas. |
36,67 € |
|
||
Bonificada por salario inferior ao mínimo interprofesional (SMI) | 55 € |
|
* Estas cotas incrementaranse anualmente segundo o IPC (acordo aprobado na Asemblea Xeral do Ceesg do ano 2017).
* Cotas conxeladas nos exercicios 2021 e 2022 (acordo aprobado na Asemblea Xeral do Ceesg do ano 2021)