Loading...

Vías de participación no colexio

Grupos de traballo

 

Os grupos de traballo son agrupacións voluntarias de persoas colexiadas ou amigas do Ceesg con inquedanzas comúns sobre un ámbito ou área específica da Educación Social, e que traballan para a promoción, desenvolvemento e mellora desta.

Os grupos teñen capacidade para desenvolver distintas liñas de acción para a mellora da nosa profesión: elaboración de estudos e informes, organización de xornadas formativas e outras actividades de divulgación, creación de ferramentas de traballo, publicación de artigos… Así mesmo, serven como órganos de asesoramento aos órganos directivos e ao persoal do Ceesg sobre aspectos relacionado coa súa área de traballo.

Os obxectivos e actuacións de cada grupo de traballo defínense anualmente no plan que deben presentar á Xunta de Goberno para a súa aprobación e inclusión no Plan de traballo anual do Ceesg.

Para o seu funcionamento, cada grupo establece a súa propia dinámica de organización e funcionamento, ritmo de traballo, reparto de tarefas, sistema de reunións e toma de decisións, etc.

A función do Ceesg respecto dos grupos de traballo é facilitar e apoiar o desenvolvemento das súas actuacións, poñendo á súa disposición o que precisen en materia de loxística, relacións institucionais, soporte administrativo, financiamento, etc. En tanto que órganos do Ceesg, a actividade dos grupos de traballo non pode distanciarse dos obxectivos fundamentais deste.

Ver regulamento dos grupos de traballo.

Actualmente están en funcionamento os seguintes grupos de traballo:

  • GEIX, Grupo de Estudos e Intervención Xeragóxica.
  • A EIRA DO CEESG, Grupo de traballo de Desenvolvemento Comunitario e Educación Ambiental.
  • MIOLO, Grupo de traballo de Saúde.
  • FIADEIRAS, Grupo de traballo de Igualdade.
  • CEESG EN DIVERDADE, Grupo de traballo sobre Diversidade Funcional.
  • ABEIRA-ESCARAVELLANDO, Grupo de Intervención Socioeducativa con Familias, Infancia e Adolescencia.
  • Grupo de traballo sobre Animación Sociocultural e Xestión Cultural.

 

Puntos de Información Colexial – PIC

 

Os PICs (Puntos de Información Colexial) son taboleiros situados nas Facultades nas que se imparte Educación Social en Galicia, e dinamizados por estudantes voluntarias/os.

Estas e estes estudantes dinamizadoras/es dos PIC benefícianse de ser Amigas/os do Ceesg sen pagar a cota correspondente, e colaboran co colexio adquirindo o compromiso de:

  • Difundir as actividades do colexio a través dos taboleiros, das súas redes sociais, e comentándoo nas aulas.
  • Organizar unha actividade de promoción do colexio ou da educación social, ao longo do curso.

Queres ser dinamizador/a do PIC? Só tes que enviar a documentación para facerte amiga/o do Ceesg, indicando que queres formar parte do PIC.