Segundo o recollido nos estatutos do colexio, os cargos na Xunta de Goberno escóllense a través dun proceso electoral e o mandato ten unha duración de catro anos. O exercicio destes cargos non é remunerado.
A actual Xunta de Goberno do Ceesg foi elixida na asemblea que tivo lugar o 19 de febreiro de 2022.
Para a organización do traballo, a Xunta de Goberno estrutúrase en tres eixos: Acción Profesional, Participación Colexial e Desenvolvemento Profesional.