GALEGO:
Cando saberei que actividades se me concedeu, das que son a escoller?
As actividades serán adxudicadas por orde de inscrición, tendo en conta o aforo de cada sala e o equilibrio entre o número de participantes en cada actividade.
Procurarase informar das actividades adxudicadas a cada persoa tanto uns días antes da celebración do evento como o mesmo día, no momento da recepción.
Onde son as actividades?
Mira o apartado web ‘ubicación e traslados’, onde temos enlaces a cada lugar.
Onde podo consultar o listado de hoteis nos que podo aloxarme, e os prezos?
Aloxamentos_Xures
Son estudante dunha das Facultades que ofrece desprazamento en autobús. De onde saen os autobuses?
Estamos en contacto coas Facultades para coordinarnos. Informaremos disto chegado o momento, uns días antes do evento.
Interésame participar, pero non son educadora social nin estudante de educación social, podo anotarme?
Si. A actividade é unha celebración da Educación Social e está principalmente dirixida a profesionais e estudantes desta disciplina, pero toda persoa que queira acompañarnos será benvida.
Interésame participar no Seminario pero non no resto de actividades, como podo facer?
A inscrición é única, independentemente das actividades nas que vaias participar, polo que tes que facer a inscrición polo mesmo importe.
Se non queres participar das comidas incluídas, agradecemos que o indiques no formulario de inscrición, para contar cunha previsión de asistencia real que nos permita facer un uso responsable dos recursos (se despois cambias de opinión, podes facer modificacións ao respecto mentres estea aberto o prazo de inscrición)
Se non queres participar das actividades de convivencia (sábado á tarde-noite), reservaraseche un espazo para cear en algún local de hostalaría en Lobios.
En calquera caso, recomendamos a participación en todas as actividades propostas, pois un espazo de convivencia cobra significado coa participación e implicación nos diferentes espazos de relación.
A que hora remata a actividade de convivencia, na zona da carpa (Grou)?
Para as persoas inscritas poranse a disposición autobuses de regreso ás 11:00, 00:00, 2:00 e 2:30 h. No formulario de inscrición debes indicar a túa hora de regreso. A organización resérvase o dereito de cancelar algún dos horarios previstos se non hai persoas interesadas suficientes (nese caso, avisarase con antelación e reorganizaranse as horas de regreso)
Podo levar acompañantes?
Pode participar quen o desexe, sempre que formalice a inscrición.
Se a(s) persoa(s) que te acompaña(n) non vai asistir ao Seminario ou ao roteiro, debe indicalo no formulario de inscrición, no apartado correspondente. Tamén agradecemos que indique no apartado comentarios que vén como acompañante e indique a persoa coa que asiste.
As actividades do sábado á tarde-noite son de entrada libre, pero non se inclúe a cea de convivencia para quen non estea inscrita/o.
Podo levar nenos/as?
Si. Durante o horario do Seminario haberá servizo de conciliación, que poderás solicitar no momento da inscrición. Este servizo está supeditado á existencia de demanda suficiente e establecerase un límite máximo de prazas que se adxudicarán por orde de inscrición. Para as diferentes comidas, se necesitas menú para a nena(s) ou neno(s), debes indicalo nas observacións, e contactaremos contigo directamente para informarte das opcións.
Que necesito para durmir no pavillón?
Durmirase sobre o chan, polo que para maior comodidade recoméndase saco de durmir, esterilla e roupa de abrigo.Hai a opción de montar a túa tenda de campaña dentro do pavillón, se queres maior intimidade.
Como serán as comidas?
Informarase a cada persoa do establecemento que se lle asigna para as diferentes comidas. A adxudicación será aleatoria, o que favorecerá a interacción con profesionais e estudantes de diferentes procedencias.
O menú será moi similar en todos os establecementos, con opción vexetariana para quen o solicite na inscrición.
Anoteime e paguei a inscrición, pero finalmente non podo ir, teño dereito á devolución do importe?
Devolverase o importe da inscrición ás persoas que notifiquen a imposibilidade de asistencia antes do 15 de setembro.
A devolución farase unha vez celebrado o evento.
Merquei material do Ceesg, coa opción de recollelo na convivencia. Onde o recollo?
Haberá un punto e un horario para a recollida, do que informaremos previamente. Se por calquera motivo non podes achegarte nese horario, fala con calquera persoa da organización na mesma convivencia, para darche o teu pedido.
O Ceesg ten á venda camisetas, cadernos, e o libro de Bolechas ‘A Educación Social’.
Enlace á web dos materiais.
Teño dereito a certificado de asistencia?
Se queres recibir certificado, tes que solicitalo a formacion@ceesg.gal
Realizarase control de asistencia.
Teño máis dúbidas! Que fago?
Escríbenos a formacion@ceesg.gal