Loading...

FORMACIÓN CEESG

Estratexias para promover relacións de acompañamento bentratante baseadas no neurodesenvolvemento


 

Esta proposta formativa é unha aposta intensiva de reflexión, traballo e implementación dun modelo comprensivo de intervención e acompañamento a nenos, nenas e adolescentes en situación de desvantaxe social baseado no paradigma dos Bos Tratos.

É a resposta a aqueles/as traballadoras e traballadores que pretendan establecer unha vinculación terapéutica que posibilite unha reparación e rehabilitación do dano e afectación que tiveron que sufrir. En definitiva, un modelo baseado no neurodesenvolvemento que estruture guíe e sosteña o acompañamento sanador.

A formación para os e as referentes desas nenas e nenos facilitará textos, experiencias, reflexión, debates, exercicios e supervisión para activar unha posición de curiosidade, de intelixencia profesional e de moita bondade que nos leve a entender os seus «paraqués» e as súas condutas.

Datos básicos do curso

  • Datas: Do 1 de marzo ao 12 de abril de 2025.
    • 1 de marzo ábrese a aula virtual
    • 15 de marzo 1ª sesión online (4h de 09:30 a 13:30)
    • 29 de marzo 2ª sesión online (4h de 09:30 a 13:30)
    • 12 de abril 3ª sesión online (4h de 09:30 a 13:30)
  • Duración do curso: 25 horas de formación certificada.
  • Modalidade: Formación en liña a través da plataforma Moodle con 12 horas de docencia online divididas en 3 días de 4 horas cada unha.
  • Público destinatario: Este é un curso pensado para profesionais do ámbito socioeducativo, sociosanitario, psicopedagóxico, de servizos sociais, etc. Pero aberto a calquera persoa que poida ter interese no tema.
  • Cota de matriculación: Hai dúas posibles cotas de matrícula.
    • Colexiadas e amigas do Ceesg, así como de calquera outro colexio profesional adscrito ao CGCEES: 80€
    • Público en xeral: 190€
  • Inscricións: Na páxina web do Ceesg.
  • Data límite inscricións: 21 de febreiro.
  • Proporcionar ferramentas útiles para a intervención con mozas e mozos traumatizados.

 

  • Coñecer as novas realidades e contextos que afectan ao sufrimento e ao desenvolvemento madurativo dos mozos e mozas hoxe en día.

 

  • Repensar a práctica socioeducativa por parte das Educadoras e Educadores Sociais.

Módulo 0: Previos: Modelo comprensivo da intervención.

Módulo I: O desenvolvemento neurosecuencial.

Módulo II: Adestramento en habilidades e técnicas da educadora social.

  • Vinculación cas equipas
  • Intervención en mentalización
  • Xogo postraumatico
  • Regulación emocional
  • Traballo en fortalezas

Módulo III: Neurobioloxía do abandono.

Módulo IV: Teoría contemporánea do apego aplicada ao día a día.

Módulo V: Habilidades para a regulación dos afectos.

Módulo VI: Traballar desde o vínculo e a mentalización.

Módulo VII: Competencias básicas do Educador/a Social.

  • Apego seguro
  • Empatía

Módulo VIII: Competencias avanzadas do Educador/a Social.

  • Apego seguro resistente
  • Sintonización con Ruído
  • Consistencia esencial

A formación está deseñada para traballar en 2 fases (máximo 20 persoas). A proposta combina sesións online e actividades na plataforma Moodle que equilibra a aprendizaxe autónomo coa interacción directa.

Docente

Iñigo Martínez de Mandojana

Educador Social, Psicopedagogo e Formador

Dedicou máis de dúas décadas ao traballo con nenos e nenas, adolescentes e familias en especial con aquelas en situación de desvantaxe socio-emocional a través do medio aberto, no ámbito residencial e agora mesmo nun Centro de Preservación Familiar.

Especialista en Parentalidade positiva e Resiliencia, aposta sempre pola renovación e a mellora social.

É o autor de “Profesionais portadores de Oxitocina: os bos tratos profesionais” e de «Pero a tu lado. De la parentalidad positiva a la crianza terapéutica».

Acompaña tanto a pais/nais como a profesionais na arte da crianza positiva e terapéutica a través de conferencias, cursos de formación, obradoiros.

                                 Inscricións

Cota Colexiadas

80

EUROS


Colexiadas/os Ceesg, Amigas/os do Ceesg, así como de calquera colexio profesional adscrito ao CGCEES.


Xeral

190

EUROS


.

Outras persoas interesadas