Loading...

FORMACIÓN CEESG

A Atención a vítimas de violencia machista desde un enfoque socioeducativo


 

A violencia de xénero é un dos problemas máis graves e complexos da nosa sociedade actual. É un tipo de violencia estrutural e ideolóxica, que se vén exercendo durante décadas sobre as mulleres polo mero feito de selo, sen distinción de etnia, idade ou clase social e constitúe a expresión máis extrema da desigualdade entre homes e mulleres.

Trátase dun grave problema social, que se fai cada vez máis visible, debido á maior concienciación das vítimas e das súas familias, á sensibilización das institucións públicas, dos medios de comunicación, dos corpos e forzas de seguridade e da sociedade no seu conxunto.

E como problema social, é precisamente a sociedade no seu conxunto, tanto os poderes públicos coma cada persoa na súa contorna e no seu día a día, a que debe implicarse e seguir loitando para lograr a súa erradicación.

Datos básicos do curso

  • DATAS E HORARIOS:
    Os martes 5, 12, 19 e 26 de novembro e os martes 3, 10 e 17 de decembro de 16:ooh a 20:00h
  • DURACIÓN:
    30 horas de formación certificada.
  • LUGAR:
    Plataforma Moodle.
  • MODALIDADE:
    En liña.
  • PERSOAS DESTINATARIAS:
    Profesionais do ámbito socioeducativo que traballan na administración pública, en entidades do terceiro sector ou asociacións pero aberta a todo o mundo que teña interese na formación.
  • COTA MATRÍCULA: 55€ para Colexiadas e Amigas do Ceesg (ou calquera colexio profesional adscrito ao CGCEES) e 110€ para persoas non colexiadas.
  • DATA LÍMITE INSCRICIÓNS: 27 de outubro.

OBXECTIVO XERAL

  • Formar a profesionais do ámbito socioeducativo e da intervención social na atención integral á vítimas de violencia machista.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

  • Enfocar o proceso de recuperación persoal desde un enfoque bio-psico-social.
  • Comprender o proceso de recuperación persoal que transitan ás vítimas de violencia de machista.
  • Identificar o potencial terapéutico do lecer e o seu papel no acompañamento que realizan as educadoras e educadores sociais.
  • Coñecer boas prácticas na atención integral a vítimas de violencia de machista.

BLOQUE 1: A ATENCIÓN INTEGRAL Á VÍTIMA DE VIOLENCIA MACHISTA DESDE UN ENFOQUE BIO-PSICO-SOCIAL

  • Marco lexislativo e dereitos das vítimas de violencia machista.
  • As casas de acollida como recursos de atención intengral.
  • acompañamento a vítimas de violencia machista.

BLOQUE 2: O PROXECTO DE RECUPERACIÓN PERSOAL (PRP)

  • As consecuencias da violencia machista na vida das mulleres.
  • A infancia como vítima directa da violencia machista. Acompañamento psicoeducativo.
  • Ámbitos de intervención para unha resposta integral e o papel das educadoras e educadores sociais.

BLOQUE 3: O LECER COMO RECURSOS TERAPÉUTICO

  • Aproximación ao lecer como fonte de benestar e calidade de vida.
  • Beneficios e oportunidades das experiencias lúdicas no proceso de recuperación das vítimas de violencia machista.
  • Dificultades para integrar o lecer no PRP.
  • Boas prácticas na atención integral desde o lecer.

O curso ten unha duración total de 28 horas lectivas, distribuídas en 7 sesións de 4 horas cada unha. Será en liña, a través da plataforma Moodle, empregando unha metodoloxía participativa e dinámica a través da creación de grupos de traballo e debates.

Docente

Tania Merelas Iglesias

Educadora social. Colexiada 3539

Doutora en Ciencias da Educación cunha tese centrada no papel terapéutico do tempo de lecer no proceso de recuperación da violencia machista. Licenciada en Pedagoxía e Diplomada en Educación Social. Experta en Xénero e Políticas Públicas de Igualdade. Posúe experiencia docente en formación profesional na familia de servizos á comunidade e é integrante do grupo Fiadeiras -especializado en igualdade de xénero- do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia.

Inscricións

Reducida

55

EUROS


Colexiadas/os Ceesg,
estudantes de Educación Social Amigas/os do Ceesg,
así como de calquera colexio profesional adscrito ao CGCEES.


Xeral

110

EUROS


.

Outras persoas interesadas