Formación e sensibilización antirracista para profesionais da Educación Social
Unha proposta de traballo plantexada pola Federación SOS Racismo que xurde como continuación do programa FormaSOS. Pretende sensibilizar a través da formación para así xerar un cambio de actitudes nas prácticas sociais, individuais e colectivas do traballo sobre as ideas, percepcións estereotipos respecto das persoas inmigrantes.
Datos básicos do curso
DATAS E HORARIOS:
Venres 18 e 25 de outubro de 2024 de 10:00h a 14:00h
DURACIÓN:
10 horas de formación certificada (8h presenciais e 2h de traballo persoal)
PERSOAS DESTINATARIAS:
Formación exclusiva para colexiadas/os e/ou Amigas/os do Ceesg, así como de calquera outro colexio de Educación social do estado
COTA MATRÍCULA: Matrícula de balde para as persoas destinatarias da formación
Sensibilizar a través da formación para así xerar un cambio de actitudes nas prácticas sociais, individuais e colectivas do traballo sobre as ideas, percepcións estereotipos respecto das persoas inmigrantes.
Docente
Gabriela L. Frias Goytia
Psicóloga. Actualmente traballa para a Federación de SOS Racismo como técnica de proxectos de formación e investigación. Tamén é parte do Grupo de Traballo en Migración, Asilo e Refuxio do Colexio de Psicoloxía de Cataluña (COP-C). É coordinadora do C.E.M.D.R.I. (Centro de Estudios sobre la Migracion la Discriminacion y el Racismo Institucional) onde ten publicados artigos sobre a realidade da situación das profesionais solicitantes de homologación e/ou equivalencias de sus títulos universitarios estranxeiros en España. Finalmente, é estudante de doutoramento pola UDC e a USC, onde investiga a calidade de vida das persoas vellas na Galiza.
Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.
Puedes revocar tu consentimiento en cualquier momento usando el botón de revocación del consentimiento.