A Galeduso é un dos principais soportes de comunicación do Colexio, vía de expresión das educadoras e dos educadores sociais, fonte de intercambio científico e profesional, contedor de experiencias e boas prácticas na Educación Social, xerador de propostas reivindicativas de mellora no noso campo profesional e na sociedade no seu conxunto.
Dende o ano 2010 ten un carácter monográfico, abordando en profundidade os temas emerxentes na Educación Social, nos seus distintos ámbitos de actuación, dende a óptica da reflexión e investigación-acción, unindo praxe e teoría, como vía de transformación social.
Se queres publicar algún artigo na revista Galeduso, ou propoñer algún tema monográfico, só tes que poñerte en contacto con nós en ceesg@ceesg.gal.
Depósito Legal: C-594-02
Titulo chave: Galeduso (Santiago de Compostela, Internet)
ISSN: 1696-1765
Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.
Puedes revocar tu consentimiento en cualquier momento usando el botón de revocación del consentimiento.