Médicos do Mundo está implementando o «I Plan de Inserción Socio Laboral a mujeres y niñas víctimas de trata y explotación sexual y contextos prostitucionales».
Dentro deste plan, un dos programas é o de «Acompañamiento social y psicológico para la recuperación integral de la salud física, psicológica y reproductiva de menores tuteladas». Nesta área enmárcase a formación que ofrecemos dende Médicos do Mundo e o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia.
Trátase dunha Acción formativa para dotar de ferramentas ás profesionais que interveñen con menores en tutela, garda ou protección en Galicia.
O obxectivo xeral da formación sobre explotación sexual e infantil é dotar de ferramentas e capacidades ás persoas profesionais que interveñen (ou intervirán) con menores en tutela, garda ou protección de Galicia.
Os obxectivos específicos son:
Educadora social, desenvolveu a meirande parte da súa traxectoria profesional no ámbito de protección de menores, en distintos contextos xeográficos e culturais, pero sempre ligada a recursos residencias e á intervención directa.
Na actualidade exerce diferentes funcións en Médicos do Mundo céntranse na prevención de explotación sexual na infancia e na adolescencia por unha banda, e no acompañamento en procesos de empoderamento de mulleres vítimas de trata, explotación sexual e contextos de prostitución pola outra.