Loading...

FORMACIÓN CEESG

Detección e actuación integral ante a violencia sexual contra a infancia e adolescencia.

Avanzando cara o modelo Barnahus.

 

A Lei Orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e á adolescencia fronte á violencia (LOPIVI) expón no seu artigo 5, sobre a Formación, que as administracións públicas, no ámbito das súas respectivas competencias, promoverán e garantirán unha formación especializada, inicial e continua en materia de dereitos fundamentais da infancia e a adolescencia aos e ás profesionais que teñan un contacto habitual coas persoas menores de idade. Dita formación comprenderá como mínimo:

  • A educación na prevención e detección precoz de toda forma de violencia á que se refire esta lei.
  • As actuacións a levar a cabo unha vez que se detectaron indicios de violencia.
  • A formación específica en seguridade e uso seguro e responsable de Internet, incluíndo cuestións relativas ao uso intensivo e xeración de trastornos condutuais.
  • O bo trato aos nenos, nenas e adolescentes.
  • A identificación dos factores de risco e dunha maior exposición e vulnerabilidade ante a violencia.
  • Os mecanismos para evitar a vitimización secundaria.
  • O impacto dos roles e estereotipos de xénero na violencia que sofren os nenos, nenas e adolescentes.

¿QUE É O MODELO BARNAHUS?

A Barnahus (Casa dos Nenos en islandés) é un modelo de atención integral onde todos os departamentos que interveñen nun caso de abuso sexual infantil se coordinan e traballan baixo o mesmo teito para atender ao neno ou nena vítima. Trátase dunha casa, lonxe de comisarías e hospitais, que conta cunha contorna amigable para as crianzas: decoración adaptada á súa idade e profesionais especializadas/os en vitimoloxía infantil.

Este modelo, que xa se aplica nos Estados Unidos e no norte de Europa, pon á/ao nena/o no centro para que non teña que desprazarse polos diferentes servizos implicados no caso, nin repetir tantas veces a súa historia. En lugar de ir a comisaría a prestar declaración, acode á Barnahus onde se lle fai directamente unha entrevista forense que é gravada e todos os actores involucrados no caso vena por circuíto pechado. A gravación da entrevista forense permite recoller o seu testemuño canto antes, o cal facilita a súa recuperación e evita que teña que ir ao xuízo oral. A súa efectividade está baseada na evidencia. Son múltiples os estudos empíricos que demostraron que este modelo axuda a reducir a vitimización secundaria e mellora o trato cara a crianza e a súa familia. Ademais, en Islandia, por exemplo, desde a súa implementación o número de casos nos que o agresor foi acusado triplicáronse.

Os contidos que se abordarán neste curso son os seguintes (consulta o programa máis abaixo para velos máis detallados):

  • A LOPIVI como marco de referencia para a prevención, detección e protección;
  • O desenvolvemento afectivo-sexual en nenos, nenas e adolescentes.
  • Violencia na infancia e adolescencia.
  • Pautas de actuación ante a sospeita de violencia sexual. Avanzando cara ao modelo Barnahus.

Datos básicos do curso

  • DATAS E HORARIO:
    A formación estrutúrase en catro sesións, tres delas en liña e unha presencial:
    Sesións en liña: 3, 10 e 17 de abril de 16:00 a 19:00 h.
    Sesión presencial: 24 de abril de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 h.
  • LUGAR: As sesións en liña emitiranse vía zoom e a sesión presencial será en Santiago de Compostela (sede do Ceesg: Rúa Lisboa, 20, baixo)
  • DURACIÓN:
    20 horas de formación certificada.
  • PERSOAS DESTINATARIAS:
    Educadoras e Educadores Sociais colexiadas/os no Ceesg ou en calquera colexio profesional adscrito ao CGCEES.
  • DATA LÍMITE INSCRICIÓNS:
    22 de marzo de 2024 ou completar prazas.

CURSO COMPLETO

As inscricións recibidas incorporaranse a unha lista de espera

Obxectivos
  • Facilitar un achegamento ao marco xurídico que expón a LOPIVI en materia de infancia e adolescencia.
  • Transmitir coñecementos sobre desenvolvemento afectivo-sexual en nenos, nenas e adolescentes e as condutas problemáticas e abusivas.
  • Ofrecer información sobre a violencia sexual contra NNA: definición, tipoloxía, prevalencia, incidencia.
  • Aprender a detectar a violencia sexual cara a NNA a través dos seus indicadores e o coñecemento dos distintos tipos de especificidades na vitimización.
  • Promover a prevención da violencia sexual en nenos, nenas e adolescentes a través da educación afectivo-sexual e o fomento da comunicación con NNA.
  • Dar a coñecer pautas de actuación ante a sospeita de violencia sexual, así como a importancia da coordinación con recursos especializados. Avanzando cara ao modelo Barnahus.
Contidos

 


Sesión 1. 3 de abril.

16:00-17:30:

Concepto de violencia sexual contra nenos, nenas e adolescentes. Conceptos legais.

Mitos e realidades da violencia sexual contra NNA.

Aspectos específicos de algúns tipos de violencia sexual contra NNA:

    • Trata con fins de explotación sexual.
    • Grooming.
    • Violencia sexual dentro de situacións de violencia de xénero en adolescentes.
17:30-17:35:

Descanso.

17:35-19:00:

O desenvolvemento afectivo-sexual en nenos, nenas e adolescentes.

Conductas sexuais saudables vs problemáticas en NNA.

Pautas para unha axeitada detección e actuación.


Sesión 2. 10 de abril.

16:00-17:30:

Detección da violencia sexual cara NNA. Indicadores e especificidade dos mesmos.

Pautas de actuación inicial para os profesionais da infancia e adolescencia ante a sospeita de violencia sexual.

17:30-17:35:

Descanso.

17:35-19:00:

A LOPIVI como marco de referencia para a prevención, detección e protección.

O procedemento xudicial en casos de NNA vítimas de violencia sexual. Boas prácticas no procedemento xudicial.


Sesión 3. 17 de abril.

16:00-17:30:

Os procesos de Avaliación e tratamento psicolóxico en casos de violencia sexual contra NNA.

17:30-17:35:

Descanso.

17:35-19:00:

Intervención do sistema xudicial, social, sanitario e educativo nos casos de sospeita de Violencia Sexual contra nenas, nenos e adolescentes. Aspectos a ter en conta para evitar a Vitimización Secundaria.


Sesión 4. 24 de abril. PRESENCIAL.

9:00-11:00:

O Modelo Barnahus para unha asistencia integral da Infancia e Adolescencia.

11:00-11:30:

Descanso.

11:30-14:00:

Prevención da violencia sexual en NNA a través da educación afectivo-sexual e o fomento da comunicación co/a NNA.

Importancia de crear espazos seguros e amigables coa infancia.

14:00-15:00:

Descanso.

15:00-18:00:

Detección e primeiras pautas de actuación. Traballo con casos prácticos.

Boas prácticas de intervención coordinada en casos de Violencia Sexual contra nenas, nenos e adolescentes a través da análise de casos.

Posta en común e conclusións.

Docentes

Laura Villagordo García

Referente do programa “Avance cara Barnahus”.
Psicóloga xeral sanitaria, máster en psicoloxía clínica, Legal e forense e en intervención criminolóxica e vitimolóxica.
14 anos de experiencia como psicóloga do programa de avaliación e tratamento de menores vítimas de violencia sexual, Fundación Márgenes y Vínculos en Málaga.
Profesora do máster de psicoloxía infantil e xuvenil da Universidade Europea de Valencia.

Laura Villagordo García

Mara Monreal Rodríguez

Asesora xurídica do programa de avaliación, diagnose e tratamento de NNA vítimas de violencia sexual Andalucía oriental – Fundación Márgenes y Vínculos.

Avogada penalista, experta en dereito penal con menores e criminoloxía xuvenil e especialista en xustiza restaurativa e mediación penal.

Mara Monreal Rodríguez

Celia Nevado Fernández

Dra. en psicoloxía. Experta U. criminoloxía.

Directora de programas da área de infancia, adolescencia e violencia a nivel nacional Fundación Márgenes y Vínculos.

Profesora do máster de psicoloxía xurídica e forense da Universidade Europea de Madrid.

Celia Nevado Fernández

Inscricións

Gratuíta

0

EUROS


Educadoras/es sociais colexiadas/os do Ceesg, así como así como de calquera Colexio profesional adscrito ao CGCEES


Ata o 22 de marzo ou completar prazas

CURSO COMPLETO

As inscricións recibidas incorporaranse a unha lista de espera