Loading...

FORMACIÓN CEESG

Lei Orgánica de Protección de Datos e o seu desempeño profesional na Educación Social


As Educadoras e Educadores Sociais acompañan a moitísimos colectivos, especialmente os máis vulnerables. Nese labor de acompañamento as profesionais necesitan afondar en problemáticas complexas nas que se traballa con datos persoais das persoas e colectivos aos que se acompaña.

O tratamento da información e como garantir a súa custodia e bo uso son elementos fundamentais para que unha intervención educativa sexa exitosa e acorde co código deontolóxico das Educadoras e Educadores Sociais.

Por esta razón o Ceesg oferta este obradoiro para que as colexiadas e colexiados poidan resolver as súas dúbidas con respecto a Lei Orgánica de Protección de Datos e como afecta esta ao seu desempeño profesional.

Que é un dato de carácter persoal?, quen é responsable do tratamento de datos?, lexitimación para o tratamento de datos, deber de segredo, supresión de datos, tratamento de datos e menores de idade, etc.

Neste obradoiro poderás resolver as túas dúbidas así como traballar con casos prácticos.

Impartido por persoal do servizo xurídico do Colexio.

Datos básicos do curso

  • DOCENTE:
    Cecilia Barros Díaz (Avogada do Ceesg)
  • DATAS E HORARIOS:
    Sábado 16 de marzo 2024 durante a Asemblea do Ceesg.
    De 12:45 a 13:45 h.
  • LUGAR:
    Centro Cívico Monelos, A Coruña (ver ubicación)
  • MODALIDADE:
    Presencial.
  • COTA INSCRICIÓN:
    De balde.

Inscricións

Gratuíta

0

EUROS


Participantes na Asemblea Xeral do Ceesg

(colexiadas/os ou amigas/os do Ceesg)