Actas 3ª Xornadas sobre Educación Social e Xerontoloxía
DATA:2007
DESCARGAR:Descarga aquí o documento.
TIPO:Libro de actas
A III edición desta Xornada centrouse fundamentalmente nos recursos xerontolóxicos de proximidade para persoas maiores.
Serviu como punto de encontro para:
- Reflexionar acerca das novas necesidades e demandas que, respecto ao incremento da esperanza de vida, presenta a sociedade en xeral e as persoas maiores en particular.
- Coñecer novas experiencias profesionais de intervención socioeducativa en distintos recursos de atención xerontolóxica de proximidade.
- Participar no deseño e construción do discurso e das liñas de acción propias da Educación Social no traballo con persoas maiores.