A Educación Social é unha profesión de carácter pedagóxico, xeradora de contextos educativos e accións mediadoras e formativas que posibilitan a incorporación da persoa ás redes sociais e a promoción cultural e social.
A Educación Social debe entenderse como un Dereito da Cidadanía.
Que facemos as educadoras e educadores sociais?
Somos profesionais da acción socio-educativa en todos os ámbitos nos que esta poida darse: desenvolvemento comunitario, saúde, educación ambiental, centros educativos e escolas, orientación laboral, institucións penais, tempo libre… e en todos os sectores da poboación: infancia e adolescencia, persoas maiores, persoas migrantes, mulleres, familias, diversidade funcional, diversidade cultural, adiccións,…
Traballamos con persoas: con grupos, con comunidades, con familias e tamén individualmente, para lograr procesos de desenvolvemento social e cultural e atender ás súas necesidades, potencialidades e expectativas, especialmente coas persoas en situación de vulnerabilidade.
A nosa acción baséase, entre outros, nos principios de respecto aos dereitos humanos, da xustiza social e da profesionalidade, baixo as pautas dun código deontolóxico.
Temos presenza na administración pública (servizos sociais), no terceiro sector, e tamén na iniciativa privada.
Temos coñecementos e capacitación para a investigación de contextos; deseño, implementación, e avaliación de proxectos e programas, e xestión e dirección de institucións e recursos.
Somos profesionais da acción social e educativa comprometidas/os coa transmisión cultural, a mediación social e a xeración de contextos e redes educativas e sociais, que a través de procesos socioeducativos traballamos para mellorar a calidade de vida de todas as persoas da comunidade.
O recoñecemento académico desta profesión produciuse no ano 1991, mais nese momento xa tiña percorrido un longo camiño como profesión.
Documentos profesionalizadores
A práctica profesional da Educación Social ten como base os DOCUMENTOS PROFESIONALIZADORES, que recollen a definición, o catálogo de funcións e competencias e o código deontolóxico desta profesión.
Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.
Puedes revocar tu consentimiento en cualquier momento usando el botón de revocación del consentimiento.