Loading...

A escola, punto de encontro entre o profesorado e educadoras/es sociais

DATA:2005
TIPO:Libro de actas

 

¿Pode considerarse a escola un punto de encontro entre profesorado e educadores/as sociais? Ben é certo que nos últimos anos encontrámonos con novos escenarios sociais que demandan novas profesións.

Neste contexto, a escola estase a transformar nun lugar onde poden traballar ‘tradicionais’ e ‘novos’ profesionais da educación que comparten intereses e preocupacións.

Estas I Xornadas pretenden constituírse nun punto de encontro para reflexionar e debater acerca das achegas que dun xeito conxunto poden facer os profesores e os profesionais da educación social a moitos dos retos, demandas e necesidades que van aparecendo na sociedade. Outro dos obxectivos das xornadas é o de coñecer aquelas iniciativas e proxectos de traballo colaborativo, de apoio entre mestres/as, profesores/as e educadores/as sociais que xa se están a desenvolver nas escolas galegas. Pero este novo entramado educativo tamén está a xerar novos interrogantes que é preciso analizar e discutir: ¿que función pode desenvolver o/a educador/a sociail na escola?, ¿cal é a valoración que fan os diferentes profesionais das novas figuras profesionais que aparecen no seu contexto de traballo?, ¿que opinión fan os colectivos de pais e nais desta realidade?, ¿de que xeito se pode desenvolver este traballo colaborativo?, ¿de que maneira pode afectar este escenario ás relacións interprofesionais?, ¿como se pode articular a relación entre a escola e os diferentes ámbitos da educación social?…