Loading...

COLEXIACIÓN

Amigas-os do Ceesg

 

Es estudante de Educación Social e interésache a situación da profesión?
Daquela non tes máis que contactar co Colexio de Educación Social de Galicia e acollerte a esta oportunidade para o ESTUDANTADO DE EDUCACIÓN SOCIAL -que non cumpran os requisitos de colexiación-.

Características:

  • Calquera Estudante de Educación Social pode achegarse aos Servizos do Ceesg facéndose Amiga/o do Ceesg, aboando unha cota de 20 € por curso
  • Terás acceso a todos os servizos dos que disfrutan as persoas colexiadas* agás ao Seguro de Responsabilidade Civil. (Non terás dereito a voto en asemblea).
  • A solicitude farase efectiva no momento en que toda a documentación (impreso de solicitude, copia do DNI e acreditación de ser Estudante de Grao en ES) sexa presentada no Ceesg.
  • No momento en que se faga efectiva a amizade, recibirás un email de confirmación.
  • Tódolos anos deberás acreditar a situación de estudante, ou automaticamente se fará efectiva a baixa.
  • As cotas de Amigas/os do Ceesg que pagues durante o teu período estudiantil seranche descontadas das cotas do Ceesg, colexiándote no curso seguinte, e ata un límite de 80€.
  • Poderás beneficiarte da amizade co Ceesg mentres sexas estudiante de Educación Social.

* As promocións ofrecidas por outras empresas para persoas colexiadas poden decidir se facer extensiva ou non as súas promocións ás amigas e amigos do Ceesg.

Dinamizador/a PIC

A figura de amiga/o dinamizador/a PIC (Punto de Información Colexial) pode beneficiarse de ser Amiga/o do Ceesg de xeito gratuíto, a cambio de que desenvolva unha función de canle entre o Ceesg e o alumnado da súa Facultade, para transmitirlle información que poida ser do seu interese, como formación, actividades… tanto de xeito persoal como a través de pegada de cartaces, redes sociais ou outros medios. Ademais, as alumnas e alumnos PIC organizan algunhas actividades de promoción do colexio ou da educación social, ao longo do curso.