Un espazo único de encontro para profesionais, estudantes e profesorado da Educación Social, promovendo ao mesmo tempo a cultura e as tradicións do territorio local e a identidade rural.
Formación, natureza e participación conéctanse nunha convivencia onde a Educación Social se vive, se celebra e se constrúe en colectivo.
Programa
A convivencia contará cun intenso programa de actividades que inclúen:
Conferencias e obradoiros de especialistas en acción socioeducativa.
Actividades culturais e lúdicas de convivencia.
Actuacións musicais e festival.
Roteiros para o descubrimento da riqueza natural da Serra do Xurés.
Pernocta no edificio multiusos (para quen o solicite)
Roteiro guiado (para quen o solicite)
Actividades do sábado pola tarde-noite (entrada libre)
Festival de música (entrada libre)
Comidas segundo tipo de inscrición:
Completa: cea do venres; almorzo, xantar e cea comunitaria do sábado; almorzo e xantar do domingo.
Parcial: xantar e cea do sábado.
Traslados necesarios entre Lobios e os lugares das actividades.
PRAZO ATA O 20 DE SETEMBRO
COTA XERAL
€70
Inclúe participación e todos los almorzos, xantares e ceas.
COTA COLEXIADAS/OS E COMUNIDADE UNIVERSITARIA
€65
Inclúe participación e todos os almorzos, xantares e ceas.
PARCIAL
€40
Inclúe participación e xantar e cea do sábado.
Quen pode participar?
A actividade está pensada principalmente para profesionais e estudantes de Educación Social de calquera lugar, pero tamén é aberta a todas aquelas persoas interesadas en participar.
As actividades do sábado pola tarde son de acceso libre.
Ubicación, aloxamento e traslados
UBICACIÓN DAS DIFERENTES ACTIVIDADES
O punto neurálxico da Convivencia será Lobios, na provincia de Ourense.
Ceas, xantares e almorzos en diferentes locais de hostalaría de Lobios -excepto a cea de convivencia do sábado, que será en Grou-
Carpa instalada na parroquia de Grou
Roteiro: Informarase do punto de partida durante a propia convivencia.
ALOXAMENTO
Gratuítamente no edificio multiusos do Concello de Lobios.
Para facer uso desta opción, é necesario indicalo no formulario de inscricións da convivencia.
Conta con duchas con auga quente.
Durmirase sobre o chan, polo que para maior comodidade recoméndase saco de durmir, esterilla e roupa de abrigo.
Hai a opción de montar a túa tenda de campaña dentro do recinto, para maior intimidade.
Acampada libre e gratuíta en campo habilitado.
Para facer uso desta opción, é necesario indicalo no formulario de inscrición da convivencia.
Necesaria tenda de campaña ou caravana.
Acampada en Grou (zona Festival, non en Lobios).
En hoteis, hostais e outros aloxamentos da zona.
Na zona hai varios aloxamentos de diferentes categorías.
No caso de interesarche esta opción, debes formalizar a reserva directamente co establecemento.
O Hotel Barcelona (en Entrimo, a uns minutos en coche de Lobios) ofrece desconto do 10% a participantes do Xurés 2026. Reservas só nos teléfonos 988434724 ou 618368419 achegando o código Xurés2026. Prezo por noite SEN desconto: 55 euros.
TRASLADOS
TRASLADOS NA ZONA
Están incluidos para toda/o participante que o solicite no momento da inscrición.
A participación no roteiro inclúe en todo caso o regreso a Lobios en autobús.
DESPRAZAMENTO ATA LOBIOS DESDE LOCALIDADES DE ORIXE
As Facultades implicadas na organización facilitarán o traslado de estudantado de Educación Social. Actualizaremos información a medida que se confirme esta colaboración.
Apúntate á canle de WhatsApp da Convivencia e mantente ao día de todas as novidades!
A Baixa Limia, localizada na provincia de Ourense, é unha das comarcas máis singulares e encantadoras de Galicia. Situada ao sur da provincia, esta área destaca pola súa paisaxe natural, rica en bosques frondosos e fermosas fervenzas que revelan a súa beleza sen igual. A súa extensión de máis de 2.000 quilómetros cadrados e a súa proximidade co Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés fan dela unha das zonas máis atractivas para os amantes da natureza.
Un dos maiores tesouros da Baixa Limia é a súa diversidade etnográfica e cultural. A comarca conta cun rico patrimonio histórico que se pode descubrir nos seus recunchos máis agochados, onde se conservan vestixios do pasado, como os antigos muíños, as alvarizas, as chivanas e os tradicionais hórreos. A área tamén alberga importantes xacementos arqueolóxicos romanos, que aportan unha rica perspectiva histórica á súa paisaxe.
A Baixa Limia tamén se caracteriza por un rico patrimonio termal, con fontes de augas minerais que atraen tanto a habitantes locais como a visitantes que buscan relaxación e benestar.
Nesta comarca, o equilibrio co medio ambiente é fundamental. A convivencia entre a natureza e a veciñanza da zona xúntase de xeito respectuoso, buscando sempre a protección e preservación dun ecosistema único e marabilloso. A Baixa Limia é un lugar onde o valor histórico, natural e cultural se mesturan para crear unha das zonas máis apaixonantes e auténticas de Galicia.
Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.
Puedes revocar tu consentimiento en cualquier momento usando el botón de revocación del consentimiento.