Neste vídeo podes ver algúns momentos vividos na anterior edición.
Desde o 2022, esta convivencia converteuse nun espazo único de encontro para visibilizar a profesión de Educación Social, promovendo ao mesmo tempo a cultura e as tradicións do rural raiano ourensán. Este evento, que cada vez gaña máis forza, continúa sendo unha oportunidade para reflexionar, aprender e compartir, tanto en formato formativo como en actividades culturais e de lecer.
Na súa cuarta edición, o Ceesg continúa o seu traballo organizativo, cun programa que integra formación específica para profesionais e estudantes da Educación Social, e ao mesmo tempo ofrece unha morea de actividades abertas ao público: obradoiros, xogos populares, actuacións musicais e rutas interpretativas pola natureza son algúns dos atractivos que nos esperan. A diversidade de propostas permitirán, un ano máis, seguir afondando na creación de espazos colectivos onde a participación e o intercambio sexan os principais motores da convivencia.
Vive a experiencia #Xurés 2025!
Programa
A convivencia contará cun intenso programa de actividades que inclúen:
Conferencias e obradoiros de especialistas en acción socioeducativa.
Actividades culturais e lúdicas de convivencia.
Actuacións musicais e festival.
Roteiros para o descubrimento da riqueza natural da Serra do Xurés.
📢 Convocatoria aberta para o envío de comunicacións
No marco do seminario, está prevista a publicación dun EBOOK titulado “Transferencia para as boas prácticas en educación social”. Convidamos ás persoas interesadas a participar na modalidade de comunicación, achegando propostas que contribúan á reflexión e mellora das prácticas en educación social.
🗓 Prazo de envío de resumos: ata o 24 de xullo de 2025 📄 Extensión dos resumos: entre 150 e 300 palabras 📎 Plantilla dispoñible para descarga [ligazón de descarga] 📧 Enderezo de envío:
Liñas temáticas:
Acompañamento socioeducativo de calidade con infancias, adolescencias e familias vulnerables.
Desde a acción socioeducativa na escola ata a educación social escolar.
Miscelánea: retos da educación social
❗ Para que a comunicación sexa incluída no e-book será imprescindible que esta sexa seleccionada e presentada no Seminario, e que polo menos unha das persoas autoras se inscriba e asista ao mesmo.
Inscrición
AS COTAS INCLÚEN:
IV Seminario Internacional da Educación Social
Pernocta en pavillón (para quen o solicite)
Roteiro guiado (para quen o solicite, prazas limitadas)
Actividades do sábado á tarde-noite (entrada libre)
Festival de música (entrada libre)
Comidas segundo tipo de inscrición:
Completa: cea do venres; almorzo, xantar e cea comunitaria do sábado; almorzo e xantar do domingo.
Parcial: xantar e cea do sábado.
Traslados necesarios entre Lobios e os lugares das actividades.
Data límite de inscricións: 21 de setembro.
COTAS ATA O 13 DE SETEMBRO
Colexiadas/os Ceesg e comunidade universitaria
TIPO
PREZO
COMIDAS INCLUÍDAS
COMPLETA
60 €
Todos os almorzos, xantares e ceas
PARCIAL
30 €
Xantar e cea do sábado
Outras/os profesionais
TIPO
PREZO
COMIDAS INCLUÍDAS
COMPLETA
70 €
Todos os almorzos, xantares e ceas
PARCIAL
35 €
Xantar e cea do sábado
COTAS DO 14 AO 21 DE SETEMBRO (só inscrición completa)
PERFIL
TIPO
PREZO
COMIDAS INCLUÍDAS
Colexiadas/os Ceesg e comunidade universitaria
COMPLETA
70 €
Todos os almorzos, xantares e ceas
Outras/os profesionais
COMPLETA
80 €
Todos os almorzos, xantares e ceas
Ubicación, aloxamento e traslados
UBICACIÓN DAS DIFERENTES ACTIVIDADES
O punto neurálxico da Convivencia será Lobios, na provincia de Ourense.
Ceas, xantar e almorzos en diferentes locais de hostalaría de Lobios -excepto a cea de convivencia do sábado, que será en Grou- (ver listado coas localizacións)
Roteiros: Informarase do punto de partida durante a propia convivencia.
ALOXAMENTO
Gratuítamente no pavillón municipal de Lobios.
Para facer uso desta opción, é necesario indicalo no formulario de inscricións da convivencia.
Conta con duchas con auga quente.
Durmirase sobre o chan, polo que para maior comodidade recoméndase saco de durmir, esterilla e roupa de abrigo.
Hai a opción de montar a túa tenda de campaña dentro do pavillón, para maior intimidade.
Acampada libre e gratuíta en campo habilitado.
Para facer uso desta opción, é necesario indicalo no formulario de inscricións da convivencia.
Necesaria tenda de campaña ou caravana.
Acampada en Grou (zona Festival)
Prezo económico especial no albergue de Muíños.
Para facer uso desta opción, é necesario indicalo no formulario de inscricións da convivencia e contratalo co aloxamento.
Prezo: 15 €/noite por persoa.
Esta opción está supeditada á existencia de suficiente demanda.
En hoteis, hostais e outros aloxamentos da zona.
Na zona hai varios aloxamentos de diferentes categorías.
No caso de interesarche esta opción, debes formalizar a reserva directamente co establecemento.
TRASLADOS
TRASLADOS NA ZONA
Están incluídos para toda/o participante que o solicite no momento da inscrición.
A participación no roteiro inclúe en todo caso o regreso a Lobios en autobús.
DESPRAZAMENTO ATA LOBIOS DENDE LOCALIDADES DE ORIXE
As Facultades implicadas na organización facilitarán o traslado de estudantado de Educación Social.
Quen pode participar?
A actividade está pensada principalmente para profesionais e estudantes de Educación Social de calquera lugar, pero tamén é aberta a todas aquelas persoas interesadas en participar.
As actividades do sábado pola tarde son de acceso libre.
Apúntate á canle de WhatsApp Xurés 2025 e mantente ao día de todas as novidades!
Entérate de todo: avances no programa, apertura de inscricións, avisos da organización durante a propia convivencia… Únete xa!
O que opinan as/os participantes de edicións anteriores…
Valoro moi positivamente a iniciativa, a organización, o esforzo… É sumamente interesante este tipo de encontros/convivencia para facer profesión e sei o que implica organizar algo destas dimensións. Así que parabéns.
Toda a experiencia foi um ponto positivo, foi uma experiencia memorável e que vai ser bastante proveitosa para o nosso futuro enquanto profissionais.
Foi unha experiencia moi enriquecedora e faise necesario xerar espazos de este tipo para reivindicar a profesionalidade e estar actualizadas, ademais de reivindicar o rural activo e comprometido prestándose a zona de Lobios para isto. O formato resultoume moi, moi atractivo e novidoso, encantoume a convivencia nas comidas e a xornada do domingo.
Como positivo, destaco a boa organización e a súa coherencia coa identidade profesional da educación social: económicamente moi accesible, participativa, comunitaria, ambiental. O lugar de celebración é inmellorable. A oferta lúdica asociada penso que é un gran atino.
A experiencia e incriblemente positiva e unha oportunidade formativa inigualable en Galicia. A integración de iniciativas propias da rexión do Xurés, como a que tivo relación co Couto Mixto, axudan a integrar a visión comunitaria e non sentir que vas a un sitio a facer algo totalmente alleo ao territorio. Parabéns.
A organización estivo moi ben en xeral. O día do festi foi incríble. A posibilidade de ir de ruta pola contorna natural, de actividade no coliving de Sende ou ás termas do último día foi un gran acerto. Menús vexetarianos bos e abundantes. Coñecer e recoñecer xente mola moito.
Como puntos negativos, por exemplo, gustaríame máis tempo de lecer dende a hora de comer ás actividades da tarde, porque o sabado sobre todo, comemos tarde porque acabaron tarde os relatorios e tivemos que correr ao pavillón a procurar roupa de abrigo e foi todo moi apurado. Logo, positivo dende logo todas as persoas que coñecín, o compartir experiencias, resolver dúbidas, a comida estaba xenial, o poder falar con profesionais de ambitos de interese tamen foi algo moi enriquecedor, o bo trato por parte da organización. Boto de menos que para as duchas da piscina se poña como un manual de como utilizalas para que a auga saia morna, xa que foi algo que nos custou moito, polo xeral só me gustaría felicitarvos!
Las charlas tenían temáticas muy interesantes y la experiencia en los restaurantes no pudo ser mejor.
Marabilloso compartir experiencias, de volver a ver aos compañeiros e compañeiras que seguimos facendo camiño …e por decir algo que botei en falta pois unha xuntanza de conclusións finais… cara onde imos, onde se nos espera…
O positivo é a súa esencia, o enfoque da convivencia, o coidado ás relacións persoais, a organización, o vínculo co rural, facelo coincidir co festival… Parabéns!!.
Felicitaciones a la organización, se nota todo el curro que hay detrás de esta iniciativa y que la convierte en muy muy recomendable.
A Baixa Limia
A Baixa Limia, localizada na provincia de Ourense, é unha das comarcas máis singulares e encantadoras de Galicia. Situada ao sur da provincia, esta área destaca pola súa paisaxe natural, rica en bosques frondosos e fermosas fervenzas que revelan a súa beleza sen igual. A súa extensión de máis de 2.000 quilómetros cadrados e a súa proximidade co Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés fan dela unha das zonas máis atractivas para os amantes da natureza.
Un dos maiores tesouros da Baixa Limia é a súa diversidade etnográfica e cultural. A comarca conta cun rico patrimonio histórico que se pode descubrir nos seus recunchos máis agochados, onde se conservan vestixios do pasado, como os antigos muíños, as alvarizas, as chivanas e os tradicionais hórreos. A área tamén alberga importantes xacementos arqueolóxicos romanos, que aportan unha rica perspectiva histórica á súa paisaxe.
A Baixa Limia tamén se caracteriza por un rico patrimonio termal, con fontes de augas minerais que atraen tanto a habitantes locais como a visitantes que buscan relaxación e benestar.
Nesta comarca, o equilibrio co medio ambiente é fundamental. A convivencia entre a natureza e a veciñanza da zona xúntase de xeito respectuoso, buscando sempre a protección e preservación dun ecosistema único e marabilloso. A Baixa Limia é un lugar onde o valor histórico, natural e cultural se mesturan para crear unha das zonas máis apaixonantes e auténticas de Galicia.
Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.
Puedes revocar tu consentimiento en cualquier momento usando el botón de revocación del consentimiento.