Loading...
Xurés 2024. III Convivencia Profesional e Interuniversitaria da Educación Social

Lobios, 27, 28 e 29 de setembro de 2024

O encontro da Educación Social

Beautiful shot of high white hilltops and mountains covered in fog - amazing aesthetic natural backgrounds


Vive a experiencia Xurés 2024!

Presentación

Neste vídeo podes ver algúns momentos vividos na anterior edición.

Dende o 2022, esta convivencia configurouse como un punto de encontro que sirve para dar visibilidade á profesión de Educación Social, cedéndolle ademais un gran protagonismo á contorna que nos acolle, coa posta en valor da cultura e etnografía propia do rural raiano ourensán.

Co ánimo de crear espazos colectivos que enriquezan, nos que compartir experiencias, saberes e lecer, o Ceesg asume o reto de organizar esta terceira edición, cun programa con formación específica para profesionais e estudantes, e cun completo abano de actividades lúdicas e culturais abertas a toda persoa que queira asistir. Exhibicións etnográficas, xogos tradicionais, festival de música, roteiros pola natureza… son algunhas das actividades que vos esperan.

Vive a experiencia #Xurés 2024!

Programa

A convivencia contará cun intenso programa de actividades que inclúen:

  • Conferencias e obradoiros de especialistas en acción socioeducativa.
  • Actividades culturais e lúdicas de convivencia.
  • Actuacións musicais e festival.
  • Roteiros para o descubrimento da riqueza natural da Serra do Xurés.

Inscrición

TODAS AS COTAS INCLÚEN:

  • III Seminario Internacional da Educación Social
  • Pernocta en pavillón (para quen o solicite)
  • Roteiro guiado (para quen o solicite, prazas limitadas)
  • Actividades do sábado á tarde-noite (entrada libre)
  • Festival de música (entrada libre)
  • Comidas: cea do venres; almorzo, xantar e cea de comunitaria do sábado; almorzo e xantar do domingo.
  • Traslados necesarios entre Lobios e os lugares das actividades.

Data límite de inscricións: 19 de setembro.

Cota reducida por inscrición anticipada (ata o 28 de xullo).

*Política de devolución de cotas: devolverase o importe das cotas de inscrición cando a persoa participante notifique a cancelación da mesma antes do prazo máximo de inscrición (19/9/24). O abono realizarase unha vez finalizado o evento.

COTA REDUCIDA

Para colexiadas/os Ceesg ou de algún colexio do CGCEES e para comunidade universitaria

Cota reducida anticipada

55

Ata o 28 de xullo



Cota reducida

66

Dende o 29 de xullo



COTA XERAL

Cota xeral anticipada

66

Ata o 28 de xullo



Cota xeral

80

Dende o 29 de xullo



Quen pode participar?

A actividade está dirixida principalmente a profesionais e estudantes de Educación Social de calquera territorio, pero será benvida calquera persoa que queira participar.

As actividades do sábado á tarde son de entrada libre.

Ubicación, aloxamento e traslados

UBICACIÓN DAS DIFERENTES ACTIVIDADES

O punto neurálxico da Convivencia será Lobios, na provincia de Ourense.

Estas son outras ubicacións das actividades:

ALOXAMENTO

Existen dúas posibilidades para o aloxamento:

  Gratuítamente no pavillón municipal de Lobios.

  • Conta con duchas con auga quente.
  • Para facer uso desta opción, é necesario indicalo no formulario de inscricións da convivencia.
  • Durmirase sobre o chan, polo que para maior comodidade recoméndase saco de durmir, esterilla e roupa de abrigo.
  • Hai a opción de montar a túa tenda de campaña dentro do pavillón, para maior intimidade.

  En hoteis, hostais ou albergues da zona.

Ofrecen desconto nesas datas para as persoas participantes.

  • Facilitamos un listado de aloxamentos colaboradores.
  • No caso de interesarche esta opción, debes formalizar a reserva por teléfono directamente co establecemento.

(PROXIMAMENTE)

TRASLADOS

DESPRAZAMENTO ATA LOBIOS DENDE LOCALIDADES DE ORIXE

Por colaboración das súas correspondentes facultades/escolas, está incluído o traslado para o estudantado de Educación Social de:

  • Universidade de Vigo
  • Universidade de Santiago
  • Escola Superior de Educaçao de Viseu
  • Facultad Padre Ossó
  • Instituto Superior de Ciências Educativas do Douro
  • Escola de Educaçao Paula Frassinetti
  • Universidad de León
  • Instituto Politécnico de Leiría
  • Instituto Politécnico de Portalegre

Será necesario indicalo no formulario de inscricións.

 

TRASLADOS NA ZONA

Están incluídos para toda/o participante que o solicite no momento da inscrición.

A participación no roteiro inclúe en todo caso o regreso a Lobios en autobús.

whatsapplogo114109

Únete á canle de Whatsapp  do Xurés 2024 e non te perdas ningunha novidade!

 

Entérate de todo: avances no programa, apertura de inscricións, avisos da organización durante a propia convivencia… Únete xa!

canlewatsmobil

A Baixa Limia

O parque natural Baixa Limia Serra do Xurés, situado ao sur da provincia de Ourense, é o maior dos seis parques naturais de Galicia. Cunha extensión de 30.000 hectáreas, foi declarado parque natural en 1993 e forma un continuo xeográfico co Parque Nacional de Peneda-Gerês de Portugal. Desde 2009 os concellos de ambos parques forman a Reserva da Biosfera transfronteiriza galego-portuguesa Gerês-Xurés.

Na paisaxe destacan os seus bosques e fervenzas, e ademais do valor natural, tamén atopamos nesta terra un gran valor histórico e etnográfico, con xacementos romanos, construcións populares como muíños, alvarizas, chivanas, hórreos… Outro aspecto a salientar é o seu patrimonio termal.

Como non pode ser doutro xeito, a convivencia organízase dende o respecto ao medio e procurando o mínimo impacto ambiental, para o coidado da espectacular riqueza destas terras.

Imaxes: @toxodoxures

Ilustración de
Ledicia Prieto Vázquez (Araliart)

A flor que ilustra o cartaz do Xurés 2024 é o Lirio do Xurés ou Lirio de monte (Iris boissieri). É un lirio moi escaso e endémico das montañas de Galiza e Norte de Portugal, actualmente en perigo. Ademáis de na Serra do Xurés, atópase en Santa Eufemia e en Baltar (Ourense), na Serra do Courel (Lugo) e no Monte Pindo (A Coruña). No norte de Portugal espállase pola liña con Galiza no suroeste da provincia de Ourense (Serra do Gerês).

Entidades colaboradoras