A realidade social é complexa e está en constante transformación. Como profesionais da Educación Social, necesitamos espazos nos que actualizar coñecementos, revisar as nosas prácticas e atopar novas ferramentas para afrontar os retos do día a día.
Esta xornada ten a vontade de ofrecer un lugar de encontro no que a formación vaia da man da reflexión colectiva e da creación de vínculos entre profesionais.
(COMPLETAR)
09:00. Visión da Crianza Terapéutica dende os SEAF.
12:00. Aplicacións prácticas do Instrumento VALORA.
14:00. Peche da xornada con persoal da DX de Familia e o Ceesg.

Colexiada CEESG 3402
Pedagogo e orientador familiar, cunha ampla traxectoria profesional no ámbito da protección á infancia desde o ano 2002. Desenvolve o seu traballo desde unha perspectiva que integra a teoría sistémica estrutural-narrativa, a teoría do apego e a neurobioloxía interpersonal, promovendo unha mirada centrada nos bos tratos, na comprensión do sufrimento e na construción de relacións reparadoras.
É autor do proxecto Educación Familiar, desde o que desenvolve actividades de formación e divulgación dirixidas tanto a profesionais como a familias.
Esta xornada ten como persoas destinatarias principais o persoal dos SEAF, polo que a prioridade na inscrición é a seguinte: