Loading...

FORMACIÓN CEESG

Xornada técnica: Crianza terapéutica e Instrumento VALORA: aplicación nos SEAF

 

Datos básicos da xornada

 

  • DATA: 3 de decembro de 2025. De 09:00 a 14:30 h.

 

  • DURACIÓN: 5 horas de formación.

 

  • LUGAR: Edificio Adtvo. San Caetano (Xunta de Galicia). Santiago de Compostela.
    VER UBICACIÓN

 

  • PERSOAS DESTINATARIAS: Profesionais dos SEAF (Servizos de Educación e Apoio Familiar) dos concellos galegos con preferencia de inscrición para Educadoras Sociais.

 

  • DATA LÍMITE INSCRICIÓNS: 26 de novembro do 2025.

Entre os obxectivos dos Servizos de Educación e Apoio Familiar están previr e atender as situacións que provoquen vulnerabilidade ou risco social ás familias ou unidades de convivencia, con especial atención aos menores de idade, así como realizar o seguimento e a intervención nas familias en que teña derivado aos servizos sociais especializados de atención á infancia. Para ese traballo é necesario o uso de ferramentas específicas de valoración dos casos e a coordinación cos diferentes recursos de atención e protección infantil.

Baseándonos nestas premisas, dende o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia organizamos esta xornada técnica, dirixida a educadoras/es sociais dos SEAF. Contará con persoal técnico da Consellería de Política Social, que afondará no instrumento Valora como ferramenta de traballo, e con Elena Borrajo, Psicóloga e Educadora Infantil, especializada no tratamento con nenos, nenas e adolescentes que sufriron desamparo temperán.

A xornada está organizada co apoio da Dirección Xeral de Familias, Infancia e Dinamización Demográfica, continuando o seu apoio á formación para profesionais dos SEAF proposta dende o Ceesg. Tras a celebración dos I, II e III Encontros formativos dos SEAF, esta xornada técnica vén reforzar unha oferta formativa específica que contribúe non só á mellora e actualización da praxe profesional, senón que tamén favorece o coñecemento e creación de redes profesionais.

  • Obxectivos:
    1. Xerar rede entre as Educadoras Sociais dos SEAFs.
    2. Favorecer un marco formativo para as Educadoras Sociais dos SEAFs.
    3. Aprender a usar os instrumentos (VALORA)e protocolos de intervención que a diario teñen que manexar as profesionais e a coordinación efectiva entre os distintos recursos.

Xornada técnica: Aplicación práctica do Instrumento VALORA e Crianza terapéutica

09:00. Visión da Crianza Terapéutica dende os SEAF.

  • Elena Borrajo. Psicóloga e Educadora infantil, especializada no tratamento con nenos e nenas e adolescentes que sufriron desamparo temperán.

12:00. Aplicacións prácticas do Instrumento VALORA.

  • Teresa Gutiérrez Manjón. Coordinadora da adaptación en Galicia do instrumento Valora.

14:00. Peche da xornada con persoal da DX de Familia e o Ceesg.

  • Sonia González Rodríguez. Educadora social do Concello de Arteixo e presidenta do Ceesg.
  • Representación institucional da DX FAmilia.

Docentes

María Elena Rodríguez Borrajo

Psicóloga e educadora infantil, especializada no tratamento con nenos e nenas e adolescentes que sufriron desamparo temperán. Formada pola Fundación Exil polos profesores Jorge Barudy e Maryorie Dantagnan no Posgrao en Traumaterapia infantil-sistémica. Con 20 anos de experiencia no ámbito da protección infantil e a atención en centros de menores e o acollemento familiar. Fundadora do Centro Alén onde exerce actualmente como directora no traballo con institucións, familias e asociacións vinculadas ao acompañamento de nenos e nenas que sufriron situacións de risco, neglixencia ou malos tratos temperáns.

Teresa Gutiérrez Manjón

Licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación, Especialista en Orientación Escolar. Educadora en centros de menores. Técnico Superior da Xunta de Galicia desde 2006 até a actualidade, con destino na Dirección Xeral de Familia e Inclusión da Consellería de Traballo e Benestar, da Xunta de Galicia, onde realiza funcións de asesoramento técnico en temas de infancia en desprotección social, planificación, desenvolvemento de programas de Infancia e familia.

De balde

0

EUROS