Este relatorio é unha acción socioeducativa que se integra nunha estratexia global de ACPP e o CEESG destinada a sensibilizar sobre os procesos de empoderamento das mulleres a un e outro lado desta “liña” Sur-Norte global e, ademais, dar a coñecer ao conxunto da sociedade a labor que desenvolven as mulleres das organizacións contrapartes locais para comprendelas mellor, rachar prexuízos e coñecer realmente as dimensións e implicacións da cooperación internacional.
Observouse que, se ben existen diversas organizacións que levan a cabo accións de sensibilización relacionadas coa situación das mulleres en países do Sur, practicamente non se coñecen as súas realidades.
Tratamos de dar a coñecer a realidade dos países nos que o traballo das organizacións e institucións locais da Asemblea de Cooperación pola Paz.
Igualmente, temos o labor de sensibilizar á cidadanía sobre os acontecementos mundiais que estamos a vivir, debemos amosar a realidade das persoas refuxiadas e desprazadas, debemos sensibilizar sobre as consecuencias dos conflitos e a necesidade de xerar sociedades en Paz onde, ademais, mulleres e homes poidan desenvolverse de maneira igualitaria e digna.
Campañas de sensibilización, como esta que, a través das visitas de contrapartes, amosa o papel das mulleres nos diferentes procesos de desenvolvemento dos territorios nos que se traballa e favorece o intercambio de experiencias entre lideresas do Sur e do Norte.
Acheguémonos xuntas/os dende un enfoque socioeducativo á cooperación internacional, poñendo faciana aos seus protagonistas e eliminando os prexuízos que temos cara ás mulleres dos países empobrecidos.
Contribuír ao coñecemento, sensibilización e implicación no eido da cooperación internacional e sobre o papel dos movementos de mulleres na consecución da equidade de xénero no marco da Axenda 2030.
Mellorar as capacidades da comunidade educativa galega, axentes chave e titulares de obrigas en materia de dereitos das mulleres, especialmente sexuais e reprodutivos dende a perspectiva da Educación Social.
Sara Graciano e Kelly Johana. Fundación Forjando Futuros (FFF), Colombia: contraparte de ACPP en Colombia e entidade especializada na defensoría das persoas reclamantes pola restitución de terras no post conflito colombiano. O seu traballo dá boa conta da necesidade da recuperación de terras e territorio na construción de paz. Sara e Yorya son de Medellín e teñen traballado nos laboratorios xuvenís e sensibilibización en institucións educativas.
Alba Esperanza Mejía Medina, parte del equipo del CDM. Desempéñase no programa de Autonomía de Mulleres Mozas desenvolvendo un programa de formación con mulleres líderes que pertencen a organizacións campesiñas, indíxenas e territoriais que loitan polos seus dereitos de terra e territorio. Centro de Derechos de Mujeres, Honduras: organización feminista, autónoma, crítica e propositiva que loita polos dereitos humanos das mulleres. En concreto, fortalece o tecido social de mulleres mozas, fortalecer procesos de construcción dunha cidadanía prena de mulleres mediante a xeración de liderados transformadores, construción do poder colectivo e o fortalcemento organizacional de redes e organizacións locais de mulleres.
Wendy Castillo (Colectiva Feminista): parte de La Red Salvadoreña de Defensoras de Derechos Humanos, ademais de ser activista, promotora e defensora dos derechos dixitais e LGBTI. Colectiva Feminsita, El Salvador: organización feminista salvadoreña que loita polo cumprimento dos Dereitos Humanos das mulleres en El Salvador, especialmente os dereitos sexuais e reprodutivos que abrangue o dereito a decidir pero tamén realizan vixilancia e prevención sobre os embarazos en adolescentes.
Catheryn Severino: Compoñente do grupo de educadoras e educadores pola Paz de Nova Escola Galega (NEG). Profesora da Universidade da Coruña no Grado de Educación Social da material de “Educación para a paz e a cidadanía global”.
De balde
0
EUROS
Entrada libre ata completar aforo
Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.
Puedes revocar tu consentimiento en cualquier momento usando el botón de revocación del consentimiento.