Loading...

FORMACIÓN CEESG

SensiSOS II: creando alianzas antirracistas a través da sensibilización de profesionais do traballo de defensa dos dereitos humanos das persoas migrantes

 


 

Unha proposta de traballo plantexada pola Federación SOS Racismo que xurde como continuación do programa FormaSOS. Pretende sensibilizar a través da formación para así xerar un cambio de actitudes nas prácticas sociais, individuais e colectivas do traballo sobre as ideas, percepcións estereotipos respecto das persoas inmigrantes.

Un espazo participativo, creativo e acolledor para reflexionar sobre o racismo estrutural, os privilexios e o poder no ámbito socioeducativo.

Analizaremos a colonialidade, o racismo institucional e estratexias prácticas de intervención antirracista desde a nosa realidade profesional.

Datos básicos do curso

  • DATAS E HORARIOS:
    Xoves 6 e venres 7 de novembro de 2025 de 09:00h a 14:00h
  • DURACIÓN:
    10 horas de formación certificada.
  • LUGAR:
    Sede Egap
  • MODALIDADE:
    Presencial
  • PERSOAS DESTINATARIAS:
    .- Educadoras/es sociais
    .- Técnicas/os de entidades sociais
    .- Persoas activistas ou profesionais interesadas na xustiza social e os dereitos humanos
  • COTA MATRÍCULA: Matrícula de balde.
  • DATA LÍMITE INSCRICIÓNS: 31 de outubro

Obxectivos do obradoiro :

● Analizar criticamente o racismo estrutural e institucional no contexto galego e estatal.
● Explorar e construír conxuntamente ferramentas e/ou estratexias concretas para unha intervención socioeducativa antirracista.
● Promover espazos de coidado e análise compartida desde unha metodoloxía vivencial e socioafectiva.

Docente

Angelly Ferreiro Silva

Educadora Social cun enfoque especializado en antirracismo e decolonialidade. A miña paixón radica na promoción da equidade de oportunidades e na construción de comunidades máis reparadoras e xustas. Cunha sólida experiencia no deseño e implementación de accións socio-educativas, dedícome a abordar temas como o discurso de odio, o racismo e a gordofobia.

A miña labor enfócase no desenvolvemento de estratexias educativas baseadas en metodoloxías participativas e socioafectivas, buscando fomentar a reflexión crítica, a conciencia social e a acción transformadora tanto en individuos como en comunidades. Recoñezo a importancia dun enfoque decolonial, entendendo que a discriminación e a exclusión histórica son interseccionais e afectan profundamente a vida das persoas.

Como experta en dinamización grupal, liderei numerosos obradoiros e capacitacións para máis de 300 persoas ao longo destes anos, adaptando as metodoloxías a diversas audiencias e contextos.

Con máis de cinco anos de experiencia impartindo obradoiros tanto para adolescencias como para persoas adultas, tamén fun co-fundadora do colectivo antirracista e decolonial Resistencia en Terra Allea e formei parte da coordinación da Casa Comunitaria Aluandê, o primeiro espazo antirracista, afrocentrado, decolonial e transinclusivo de Galicia.

Como educadora social comprometida coa diversidade, a inclusión e a loita contra o racismo, estou dedicada a promover un cambio social positivo, construír comunidades máis xustas e equitativas, e fortalecer a conciencia e a acción antirracista en todos os niveis da sociedade.

Inscricións