Loading...

Durante o desempeño das nosas actividades como profesionais da Educación Social estamos expostas/os a causar algún tipo de dano, xa sexa nas persoas coas que traballamos ou nos seus bens, o que constitúe unha ameaza para o noso patrimonio e ingreso. Para estas situacións debemos contar cun seguro de responsabilidade civil. Así, o obxecto do seguro é trasladar á compañía aseguradora o custo de defensa e no seu caso, da cantidade á que se nos condene por calquera demanda da que sexamos obxecto, relacionada cun dano real ou presunto sufrido por un terceiro.

A colexiación inclúe para as persoas colexiadas un Seguro de Responsabilidade Civil Profesional, cuberto pola compañía Lloyd’s.
A partir do ano 2026 o importe será incluído na cota colexial de forma automática, sumada e redondeada á cota de mantemento colexial.

Ver condicións xerais (2025)

Ver condicións particulares (2025)