Rexistro de sociedades profesionais
Considérase sociedade profesional aquela que se constitúe para o exercicio en común da actividade profesional. O seu obxecto social é o exercicio en común dunha actividade profesional, con posibilidade de ser multidisciplinar.
Conforme ao previsto na Lei de Sociedades profesionais, o Ceesg dispón dun Rexistro de Sociedades Profesionais no que se poden inscribir todas as sociedades profesionais con domicilio en Galicia, sempre que algunha das persoas socias profesionais estea colexiada no Ceesg.
As sociedades profesionais nas que polo menos unha das persoas socias profesionais sexa educador/a social colexiada/o no Ceesg que desexen solicitar a súa inscrición no Rexistro deberán presentar a solicitude de inscrición correspondente, ao igual que a modificación dos datos.