Precolexiación no Ceesg
Es estudante de Educación Social e interésache a situación da profesión?
Daquela non tes máis que contactar co Colexio de Educación Social de Galicia e acollerte a esta oportunidade para o ESTUDANTADO DE EDUCACIÓN SOCIAL -que non cumpran os requisitos de colexiación-.
Características:
- Calquera Estudante de Educación Social pode achegarse aos Servizos do Ceesg facéndose precolexiada/o, aboando unha cota de 20 € por curso
- Terás acceso a todos os servizos dos que disfrutan as persoas colexiadas* agás ao Seguro de Responsabilidade Civil. (Non terás dereito a voto en asemblea).
- As cotas de precolexiación que pagues durante o teu período estudiantil seranche descontadas das cotas do Ceesg, colexiándote no curso seguinte, e ata un límite de 80€.
- Cada curso deberás acreditar a condición de estudante de Educación Social, ou automaticamente se fará efectiva a baixa.
- Poderás beneficiarte da precolexiación no Ceesg mentres sexas estudiante de Educación Social.
- Precolexiarte non supón compromiso de posterior colexiación.
* As promocións ofrecidas por outras empresas para persoas colexiadas poden decidir se facer extensiva ou non as súas promocións ás amigas e amigos do Ceesg.