Por que colexiarse?
√ Por compromiso coa profesión. A colexiación supón sumar no fortalecemento, visibilidade e defensa da Educación social. Supón contribuír nas accións que leven á profesión a unha mellora constante do seu recoñecemento de xeito colectivo, que sempre serán máis determinantes que calquera acción individual. Supón sumar contra a precariedade, o intrusismo e a falta de recoñecemento, aínda demasiado presentes na nosa profesión.
√ Por responsabilidade coa cidadanía. Colexiarse supón un compromiso ético para o desenvolvemento da profesión. Para a cidadanía, a colexiación supón un importante punto de confianza ao garantir que a/o profesional conta coa capacitación axeitada. Non hai que esquecer que o fin principal de calquera colexio profesional é garantir un traballo de calidade cara a cidadanía.
√ Para mellorar como profesional. O colexio é un espazo para a unión, para a mellora da práctica profesional, para definición e unificación de criterios de traballo, para intercambiar intereses e inquietudes, para o enriquecemento, para a axuda mutua, para a participación, para medrar como profesionais.