Loading...

Guía de comunicación inclusiva, diversa e non sexista

DATA:2021
TIPO:Documento

 

A lingua constitúe o reflexo da sociedade que a emprega. Do mesmo xeito que a realidade muda, a lingua evoluciona e adáptase a esa realidade.

Con frecuencia o uso sexista da linguaxe realízase de xeito inconsciente, e por iso mesmo cómpre facer unha análise crítica para modificalo e así evitar reproducir a discriminación e contribuír á creación dunha sociedade máis igualitaria.

Con este obxectivo, o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galciai (Ceesg) elaborou esta Guía de comunicación inclusiva, diversa e non sexista; unha publicación que recolle un conxunto de pautas e recomendacións prácticas para lograr comunicarnos a través dun trato igualitario.