Curso de formación que parte dun enfoque participativo e práctico, utilizando exemplos reais e dinámicas interactivas para facilitar a aprendizaxe e a aplicación dos coñecementos adquiridos. Tamén se fomenta o intercambio de experiencias e a construción de redes de apoio entre os participantes.
Trátase dunha formación exclusiva para as Educadoras Socias colexiadas que acudan á asamblea xeral do Ceesg o sábado 14 de marzo na Casa das asociacións de Cornes en Santiago de Compostela.
A formación consta dunha sesión presencial (2h) o propio día da asamblea en horario de 16h a 18h e unha segunda xornada en liña (2h) o martes 17 de marzona aula virtual do Ceesg, tamén en horario de 16h a 18h.
Fundamentos do autismo: Bríndase unha comprensión sólida de que é o autismo desde a paradigma da neurodiversidade, as súas características principais e o que implica nas diferentes áreas da vida das persoas.
Estratexias de apoio: Preséntanse diferentes enfoques e técnicas para apoiar ás persoas autistas en áreas como a comunicación, a interacción social, a autorregulación emocional, a planificación e a organización, entre outros aspectos relevantes.
Convivencia educativa: Explóranse estratexias e prácticas inclusivas para promover a participación e a aprendizaxe das persoas autistas nas contornas naturais.
Dotación de recursos: Entregaranse recursos didácticos para que as persoas neurotípicas poidan comprender e apoiar ás persoas autistas de maneira respectuosa.

Noemí Noya Barrio
Educadora social colexiada (Nº 5202), formada na Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED). Dirixe o seu propio proxecto/identidade profesional “Noe Educación Social”, un espazo no que comparte recursos, metodoloxías e apoio educativo dirixido especialmente a familias e persoas en situación de diversidade. Está especializada en autismo desde unha perspectiva de neurodiversidade, o que significa que aborda o acompañamento e educación ten en conta as capacidades e modos naturais de aprendizaxe e comunicación de cada persoa.
EUROS
De balde. Formación exclusiva para colexiadas do Ceesg que acudan á asamblea xeral o 14 de marzo.