Loading...

Recompilamos información de actividades formativas gratuítas que poden ser de interese para educadoras e educadores sociais.

O Ceesg non organiza nin patrocina estas actividades, nin se fai responsable do seu contido nin das condicións de contratación, que serán directamente coa empresa/entidade ofertante.
As actividades formativas gratuítas organizadas polo Ceesg anúncianse na sección ‘Formación Ceesg’

Organiza: Ecos do Sur.

Modalidade: En liña.

Datas: 10, 12 e 17 de decembro de 2024 de 17:00 a 18:30 h.

Información e inscricións: Na web ata o 3 de decembro

Certificado de profesionalidade de nivel 3.

Organiza: Recursos Galicia.

Modalidade: Presencial.

Datas: Do 27 de novembro de 2024 ao 9 de abril de 2025 ás 15:30 a 20:30 h. (398 horas)

Lugar: Centro de formación Recursos, Santiago de Compostela.

Requisitos:

  • DNI
  • tarxeta da seguridade social
  • DARDE- tarxeta de demandante de emprego
  • Título académico (bacharelato ou equivalente)
Existe unha porcentaxe dun 30% para persoas ocupadas, sempre e cando non se cubran as 15 prazas por curso con persoas en situación de desemprego.

Información: Na web ou contactando con Recursos Galicia: tlf. 981558374 / info@recursosgalicia.es

Organiza: Unidade de violencia sobre a muller da Subdelegación do Goberno na Coruña.

Modalidade: Presencial.

Datas: 29 de novembro de 2024 ás 10:00 h.

Lugar: Salón de actos da Comisaría de Policía Nacional do Distrito Sur, A Coruña.

Inscrición: Ata o 25 de novembro ou completar aforo. Enlace

Organiza: Unión Profesional e Delegación del Gobierno contra la Violencia de Género del Ministerio de Igualdad.

Cursos: A oferta formativa consta de dúas formacións xerais e tres formacións específicas que abarcan as áreas sanitaria, xurídica e social:

  • Sensibilización para la prevención y erradicación de la violencia contra las mujeres.
  • Prevención y actuación ante el acoso, la discriminación y la violencia contra las mujeres en el entorno laboral y profesional.
  • Prevención de las violencias contra las mujeres en entornos sanitarios.
  • Prevención de las violencias contra las mujeres en entornos jurídicos.
  • Prevención de las violencias contra las mujeres en entornos sociales.

Modalidade: En liña

Datas: 29 de outubro a 15 de decembro de 2024.

Duración: 20 h. cada curso

Inscrición: A partir do 29 de outubro.

Máis información

Organiza: CPESRM, coa colaboración da Fundación Isadora Duncan.

Modalidade: En liña

Datas: 4 de decembro de 2024 de 17:00 a 20:00 h.

Duración: 3 h.

Inscrición: Ata o 1 de decembro na web do CPESRM

Máis información

Organiza: Instituto de las Mujeres.

Modalidade: En liña.

Descripción: A Escuela Virtual de Igualdad (EVI) é un espazo dixital de formación dirixido a fomentar a igualdade de xénero a través de accións formativas gratuítas enmarcadas en diferentes ámbitos. Hai cursos de nivel básico e de nivel avanzado.

Datas: Diferentes datas segundo o curso.

Inscrición: Na web do Ministerio

Organiza: Proyecto Hombre.

Modalidade: En liña

Datas: Aberto permanentemente.

Duración: 25 h.

Inscrición: Na web da entidade organizadora

Organiza: Proyecto Hombre.

Modalidade: En liña

Datas: Aberto permanentemente.

Duración: 10 h.

Inscrición: Na web da entidade organizadora

Organiza: Proyecto Hombre.

Modalidade: En liña

Datas: Aberto permanentemente.

Duración: 40 h.

Inscrición: Na web da entidade organizadora

Programa de formación “XERACIÓN DIXITAL, AXENTES DO CAMBIO”

Organiza: GDOCE, Universidade Camilo José Cela e Proyecto Universidad Empresa (PUE),

Dirixido a: persoas mozas de ata 35 anos, desempregadas ou traballadoras de Pemes (empresas de 10 a 249 traballadores).

RESUMO do curso:

GDOCE, Universidade Camilo José Cela e Proyecto Universidad Empresa (PUE), está a poñer en marcha o Programa de formación “Xeración Dixital, Axentes do Cambio” do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation EU e coa coordinación da Escola de Organización Industrial (EOI), orientado a persoas xoves de ata 35 anos, desempregados ou traballadores de Pemes (empresas de 10 a 249 traballadores).

Totalmente GRATUÍTO.

As persoas participantes desempregadas que finalicen con éxito o programa e obteñan a titulación, incluiranse nunha bolsa de emprego de axentes do cambio do Ministerio e poderán ser contratados por empresas que, a súa vez, recibirán unha subvención ecónomica de mil euros ó mes.

Requisitos: Titulado de grao universitario ou cursando o último ano, cunha experiencia laboral de 6 meses en calquera sector. As prácticas computarían como experiencia laboral ou titulado de FP de grao superior ou cursando o último ano, cunha experiencia laboral de 6 meses en calquera sector. As prácticas computarían como experiencia laboral ou Estar en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 3, título de Bacharelato ou FP de grao medio, sempre que o alumno teña unha experiencia laboral de mínimo 2 anos nun posto vinculado ao uso de medios dixitais.

Programación Didáctica: 375 horas de duración, das cales, 150 serán de carga lectiva: 45 horas en modalidade presencial, 95 horas en modalidade aula virtual e 10 horas de mentorización individualizada, inclue a realización do MOOC Xeración Digital da EOI, de 4 horas de duración. As horas restantes, ata completar o curso serán de traballo persoal do alumno.

Titulación expedida pola Universidade Camilo José Cela, certificada con 15 créditos ECTS.

Para máis información e inscricións: info@tuimpulsodigital.es ou no teléfono 628 754 870.

www.tuimpulsodigital.es
monica.santero@tuimpulsodigital.es

Plena Inclusión ofrece na súa plataforma de formación unha serie de cursos de autoformación dirixidos a familias, profesionais e voluntariado.

Cursos dispoñibles:

  • Calidad de vida de familias de personas con discapacidad intelectual menores de 18 años
  • Calidad de vida de familias de personas con discapacidad intelectual mayores de 18 años
  • Lectura fácil. Introducción a la adaptación
  • Discapacidad intelectual y del desarrollo
  • Apoyo Activo
  • Sensibilización en Apoyo Conductual Positivo
  • Ética para valientes
  • Educación inclusiva
  • Atención Temprana
  • Curriculo Multinivel: recursos para enseñar en un aula heterogénea
  • Diseño Universal de Aprendizaje -DUA
  • Voluntariado en entidades de Plena inclusión
  • Participación social
  • Coproducción

Enlace

Data: Permanente.

Entidade: Mancomún.

Ir á web

edX.org é unha plataforma de MOOC sen fins de lucro, fundada polo MIT e Harvard. Moitas entidades e universidades utilízana como medio para impartir os seus cursos abertos. Estes son algúns dos cursos que se ofrece actualmente a través desta plataforma:

– Competencias para buscar, mantener y promocionar en un empleo (Universidad Autónoma de Madrid)

– Educación de calidad para todos: equidad, inclusión y atención a la diversidad (Universidad Autónoma de Madrid)

– Introducción a las tecnologías para la Educación (Universitat Politécnica de Valencia)

– ODS en la Agenda 2030 de las Naciones Unidas: Retos de los Objetivos
de Desarrollo Sostenible (Universitat Politécnica de Valencia)

– Social Work Practice with Individuals, Families, and Small Groups (University of Michigan)

– Utopedia: Educación para la sociedad del conocimiento (Universidad Carlos III de Madrid)

– Evaluación de Impacto de Programas Sociales (Massachusetts Institute of Technology)

– Derechos humanos: Los derechos de las personas refugiadas (Amnistía Internacional)

– Introducción a la Regulación Emocional basada en Mindfulness (Universidad Autónoma de Madrid)

– La protección del menor (Universidad Autónoma de Madrid)

– Soy docente, ¡qué miedo! Gestiona eficazmente tus emociones (Universidad Autónoma de Madrid)

Ir á web

É unha nova vía de formación máis orientada ao desenvolvemento de competencias, especialmente as relacionadas coa colaboración en rede, a xestión autónoma da aprendizaxe e a participación en comunidades educativas. Esta nova modalidade pretende desenvolver procesos masivos de formación baseados na aprendizaxe social e aberta, mediante propostas de actividades que xeren interacción, produción agregada, coñecemento compartido e a xeración de redes profesionais.

Ir á web

Pílulas de micro auto-aprendizaxe: Edupills é unha app gratuíta para iOS e Android con pílulas educativas que contribúen á mellora da competencia dixital educativa.

Esta aplicación móbil está enfocada a que o profesorado, e calquera persoa interesada, adquira e/ou desenvolva habilidades, destrezas e competencias dixitais dunha forma sinxela e rápida. Edupills ten vocación de converterse nunha modalidade de auto-aprendizaxe á que calquera docente pode acceder desde un dispositivo móbil, en calquera momento, e desde calquera lugar.

As pílulas teñen unha duración estimada de entre 5 e 8 minutos. Estas son algunhas das que ofrece:

– Uso y abuso de la tecnología en el alumnado

– Visibilizar el ciberacoso

– Respeto digital

– Datos sensibles y grooming

– Conectando con tu salud

Ir á web

Rede dixital de busca de emprego e formación para mulleres autónomas e mulleres en busca de emprego.

Podes atopar cursos de formación, intermediación laboral e emprego.

Ir á web

Organiza: Xunta de Galicia (AMTEGA)

Contido:

O Codix acredita Acredita os teus coñecementos e competencias en ofimática.

Para obtelo hai que superar un exame convocado pola AMTEGA (Xunta de Galicia)
Hai dúas opcións:

  • Presentarse a un curso de teleformación con exame presencial. Hai dúas convocatorias anuais, unha en xaneiro e outra en xuño.
  • Presentarse directamente a un exame libre. Hai dúas convocatorias anuais, unha en marzo e outra en outubro. Pódese facer autoformación en liña a través da web da AMTEGA.

Información detallada

Web para autoformación

Web da AMTEGA

Plataforma /C preséntase como unha ferramenta de xestión de comunidades dixitales de aprendizaxe. Os programas baséanse na experiencia práctica de profesionais e artistas referentes nas novas tecnoloxías, a xestión cultural, a produción artística, a mercadotecnia e comunicación

Ofrece varios cursos gratuitos en liña:

– Travesías. Herramientas para activar la cultura local

– Construye tu proyecto en cultura. Herramientas para Camaleones

– Arte + Social

– Escena PRO

Ir á web

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), a través da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT), continúa ofrecendo formación dixital online, a través a plataforma de teleformación EMA, que conta cun amplo catálogo de cursos para poder continuar formándose no ámbito dixital sen saír da casa.

Ir á web

A UNED conta cunha colección de recursos en aberto que van desde cursos de formación de variadas temáticas, ata materiais audiovisuais, podcasts, libros electrónicos, bases de datos, programas de radio, teses doutorais, revistas científicas, guías de estudo, fondos históricos dixtalizados, etc.

UNED Aberta está dispoñible para calquera persoa, só é necesario entrar nas seccións desexadas, onde se amosan os enlaces a cada repositorio.

Ir á web

A Universidade Autónoma de Barcelona foi a primeira universidade no estado en ofrecer MOOC (Massive Online Open Courses) na plataforma internacional Coursera.

Os cursos poden ser seguidos de forma autónoma a través de internet, están dirixidos ao público xeral e son gratuítos.

Ir á web