Loading...
cabecXures25

Dúbidas frecuentes

PARTICIPACIÓN E INSCRICIÓN

Si. A actividade é unha celebración da Educación Social, pero toda persoa que queira acompañarnos será benvida.

A inscrición é única para todo o evento, polo que é necesario inscribirse e pagar a cota correspondente. 

Se non queres participar das comidas incluídas, podes optar por pagar a inscrición máis económica segundo o teu perfil, e agradecemos que indiques no formulario de inscrición que non asistirás ás comidas, para contar cunha previsión de asistencia real que nos permita facer un uso responsable dos recursos.

En calquera caso, recomendamos a participación en todas as actividades propostas, pois un espazo de convivencia cobra significado coa participación e implicación nos diferentes espazos de relación.

As actividades a escoller serán adxudicadas por orde de inscrición, tendo en conta o aforo de cada sala e o equilibrio entre o número de participantes en cada actividade. Non se pode garantir a asistencia á actividade escollida no formulario.
Informarase das actividades adxudicadas a cada persoa no momento da recepción.

Se queres recibir certificado, tes que solicitalo a formacion@ceesg.gal

Realizarase control de asistencia.

Pode participar quen o desexe, sempre que formalice a inscrición.
Se a(s) persoa(s) que te acompaña(n) non vai asistir ao Seminario ou ao roteiro, debe indicalo no formulario de inscrición, no apartado correspondente. Tamén agradecemos que indique no apartado comentarios que vén como acompañante e indique a persoa coa que asiste.

As actividades do sábado á tarde-noite son de entrada libre, pero non se inclúe a cea de convivencia para quen non estea inscrita/o.

CONCILIACIÓN

Si. Durante o horario do Seminario haberá servizo de conciliación, que poderás solicitar no momento da inscrición. Este servizo está supeditado á existencia de demanda suficiente e establecerase un límite máximo de prazas que se adxudicarán por orde de inscrición. 

Contacta por teléfono co Ceesg para concretar os detalles particulares da súa inscrición.

ALOXAMENTO

Durmirase sobre o chan, polo que para maior comodidade recoméndase saco de durmir, esterilla e roupa de abrigo.Hai a opción de montar a túa tenda de campaña dentro do pavillón, se queres maior intimidade.

O albergue de Muíños ofrece un prezo especial para participantes no Xurés 2025. A ter en conta:

  • Estará dispoñible con prezo reducido (15 €/noite) para as persoas participantes na convivencia, supeditado a unha demanda suficiente.
  • Non está na localidade de Lobios.
  • Se estás interesado/a nesta opción, debes indicalo no formulario de inscrición (o que nos permitirá facer unha previsión para valorar a súa viabilidade).
  • Para facer a reserva do aloxamento e o pagamento correspondente debes contactar directamente co establecemento no teléfono 988 406 075.
  • Habilitarase un espazo para acampada libre, con opción para instalar a túa tenda de campaña ou autocaravana.
  • A zona de acampada será na zona de Grou, nas inmediacións das actividades do sábado á tarde-noite.
  • Se che interesa esta opción, debes indicalo no formulario de inscrición (o que permitirá á organización ter unha previsión real).

COMIDAS

Informarase a cada persoa do establecemento que se lle asigna para as diferentes comidas. A adxudicación será aleatoria, o que favorecerá a interacción con profesionais e estudantes de diferentes procedencias.
O menú será moi similar en todos os establecementos, con opción vexetariana para quen o solicite na inscrición.

TRANSPORTE

Os traslados dispostos polas Facultades para o desprazamento ata Lobios están destinados ao seu alumnado ou membros da correspondente comunidade universitaria. Non poderán facer uso deste transporte persoas alleas ás respectivas Universidades.

Os traslados entre Lobios e os diferentes espazos nos que terán lugar as actividades están incluídos para todas as persoas participantes.

Estamos en contacto coas Facultades para coordinarnos. Informarase disto no seu momento, uns días antes do evento.

Para as persoas inscritas poranse a disposición autobuses de regreso ás 11:00, 00:00, 2:00 e 2:30 h. No formulario de inscrición debes indicar a túa hora de regreso. A organización resérvase o dereito de cancelar algún dos horarios previstos se non hai persoas interesadas suficientes (nese caso, avisarase con antelación e reorganizaranse as horas de regreso)

LOCALIZACIÓNS

Consulta o apartado web «ubicación, aloxamento e traslados», onde temos enlaces a cada lugar.

ATENCIÓN DA ORGANIZACIÓN

Haberá un punto e un horario para a recollida, do que informaremos previamente.

Se por calquera motivo non podes achegarte nese horario, fala con calquera persoa da organización na mesma convivencia, para darche o teu pedido.

O Ceesg ten á venda camisetas, o libro de Bolechas ‘A Educación Social’ e o libro ‘Son de Fiar. Incorporando a perspectiva feminista na Educación Social’

Enlace á web dos materiais.

Escríbenos a formacion@ceesg.gal e axudarémoste no que precises.