O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg) celebrará eleccións á Xunta de Goberno do Ceesg o sábado 14 de marzo de 2026 na Casa das Asociacións de Cornes (Santiago de Compostela). (ver ubicación)
Na web do Ceesg pode consultarse a convocatoria (con información detallada sobre o proceso electoral), o calendario electoral, e o censo, e irase incorporando toda a documentación que se vaia xerando (proclamación de candidaturas, instrucións para o voto por correo, resultado do sorteo de cargos da mesa electoral, etc.)
Ver documentación do proceso electoral (necesario iniciar sesión)
DATAS CLAVE
2025
- 11 de outubro: Acordo da Xunta de Goberno da celebración de eleccións.
- 19 de decembro: Envío da convocatoria de eleccións. Publicación do censo.
2026
- 20 de xaneiro: Fin do prazo de presentación de candidaturas.
- 6 de febreiro: Proclamación de candidaturas válidas.
- 11 de febreiro: Sorteo público para a elección de integrantes da mesa electoral.
- 14 de marzo: Votación.
Artigo 17. Son dereitos dos/das colexiados/as
a) Participar na xestión do colexio, o que inclúe o dereito de petición, suxestión ou queixa aos diversos órganos; dereito de voto e de acceso aos postos e cargos directivos e de responsabilidade. Todo isto seguindo os procedementos e requisitos que establezan os estatutos, así como outras normativas do CEESG e leis que amparan os colexios profesionais.
Artigo 42. Eleccións da Xunta de Goberno
42.1.
a) A Xunta de Goberno será elixida por períodos de catro anos, e por sufraxio universal, libre, directo e segredo.
b) Será a Xunta de Goberno saínte a que convocará as eleccións en tempo e forma.
c) As candidaturas serán en listas pechadas e nelas figurarán os candidatos á Presidencia, á Vicepresidencia, ademais dos vocais.
d) Na elección participarán os/as colexiados/as que estean en pleno uso dos seus dereitos o día anterior á convocatoria oficial das eleccións.42.2. Todos os colexiados que están en pleno uso dos seus dereitos o día anterior á convocatoria oficial das eleccións teñen dereito a actuar como electores na designación dos membros da Xunta de Goberno e a ser elixibles, excepto para poder optar aos cargos de Presidencia e de Tesourería, casos nos que será esixido, como mínimo, un ano de colexiación.