Loading...

Canle de denuncias internas

O Ceesg, en cumprimento da Lei 2/2023, do 20 de febreiro, reguladora da protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción, implantou unha canle interna de información, a disposición daquelas persoas que, estando vinculadas dalgún xeito a este colexio profesional, queiran informar sobre posibles irregularidades e actos de corrupción.

A canle de denuncias internas do Ceesg está deseñada e xestionada de forma segura, garantindo a confidencialidade da persoa informante, así como a prohibición de represalias ou consecuencias adversas contra ela.

Toda a información recibida será tratada coa máxima seriedade e confidencialidade, e adoptaranse as medidas necesarias para investigar e sancionar calquera infracción informada por esta vía; non establecendo diferenciación algunha ou privilexio por razón das circunstancias que concorran ou da situación no organigrama xerárquico e funcional do Ceesg tanto da persoa informante como da persoa/as denunciadas.

As persoas informantes deben actuar de boa fe, respectando a verdade, e coa certeza de estaren a actuar correctamente. Non está permitida a presentación de denuncias falsas.

Como presentar unha denuncia?

Vostede pode presentar unha comunicación ou denuncia por escrito ou de forma verbal:

As comunicacións por escrito poden realizarse por calquera das seguintes vías:

Formulario de denuncia ANÓNIMA (proximamente)

Formulario de denuncia NON ANÓNIMA (proximamente)

  • Mediante correo postal dirixido ao responsable da Canle de Denuncias, no enderezo: Rúa Lisboa, 20, baixo C. 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Formulario normalizado de Denuncia (descargar PDF)

 

As comunicacións verbais poden realizarse por calquera das seguintes vías:

  • Por vía telefónica chamando ó número de teléfono 981 552 206 e solicitando dirixirse ao Xestor do canal de denuncias.
  • Mediando solicitude previa, por medio de reunión presencial co Xestor do canal denuncias.

Asemade, as persoas informantes teñen a posibilidade de poñer en coñecemento das autoridades competentes e, no seu caso, ante as institucións, órgano e organismos da Unión Europea os feitos obxecto da súa denuncia.

Para obter máis información sobre o Sistema de Denuncias interno do Ceesg pode consultar o Regulamento neste enlace

Para obter máis información sobre o órgano Responsable da Canle de Denuncias do Ceesg vostede pode consultar o seu Regulamento neste enlace

En virtude do principio de transparencia o Ceesg pon a súa disposición o listado de persoas integrantes do Órgano Responsable do Canal Denuncias neste enlace