Loading...

FORMACIÓN CEESG

Aproximación socioeducativa á atención a persoas con problemas relacionados co uso de drogas

 


 

O uso de drogas e a participación noutras condutas adictivas ten unha importante extensión e afecta de xeito especial ás persoas máis novas. Ademáis, as consecuencias tanto directas como indirectas derivadas do propio consumo/participación poden afectar de xeito importante tanto ás persoas como á súa contorna.

Con este curso tratamos de achegar ás participantes á prevención e atención de persoas con problemas relacionado co uso de sustancias.

Datos básicos do curso

  • Datas: O xoves 14 de novembro terá lugar a primeira sesión presencial de 15:00h a 19:00h e o venres día 15 terá lugar a segunda en horario de 10:00h a 14:00h e de 15:00h a 19:00h

 

  • Duración do curso: 24h (12 de sesións presenciais e 12 de traballo persoal)

 

  • Modalidade: Mixta, 12h de formación presencial (3 sesións de 4h) e 12h de traballo autónomo

 

 

  • Cota de matriculación:

50 € Colexiadas ou Amigas do Ceesg (ou calquera outro Colexio Profesional adscrito ao CGCEES)

100 € persoas non colexiadas.

  • Inscricións: Na páxina web do Ceesg. ceesg.gal

 

  • Data límite inscricións: 10 de novembro do 2024.
  1. Familiarizarse con conceptos básicos neste eido
  2. Identificar diversos problemas relacionados co uso de sustancias e con outras condutas adictivas
  3. Coñecer as características e extensión de diferentes condutas adictivas
  4. Incorporar a perspectiva de xénero no ámbito das adiccións
  5. Coñecer diversas estratexias de prevención
  6. Achegar ás persoas participantes a como se aborda a atención ás personas con problemas relacionados co uso de drogas
  7. Informar sobre recursos para a prevención e a a atención
  8. Coñecer a relación destas condutas con outros problemas. Especialmente os problemas de saúde mental

PROGRAMA:

Sesión 1
Data: 21/11/2024
Hora: 15:00h
Poñentes: Blanca Pazos e Alfonso Tembrás
Temas a tratar:

Persoas con problemas relacionados co uso de drogas. Outras condutas adictivas. Conceptos xerais. Drogas: características e extensión. Xénero e drogas.

 

Sesión 2
Data: 22/11/2024
Hora: 10:00h
Ponente: Blanca Pazos e Alfonso Tembrás
Temas a tratar:

Prevención. Conceptos xerais. Estratexias de prevención. Factores de risco e de protección. Modelo PRECEDE. Algúns Programas de prevención.

 

Sesión 3
Data: 22/11/2024
Hora: 15:00h
Poñentes: Blanca Pazos  e  Alfonso Tembrás
Temas a tratar:

A atención a personas con problemas relacionados co uso de drogas. Conceptos: desintoxicación, deshabituación, incorporación social. Rede de atención: recursos, programas e rede. Patoloxía dual.

 

 

ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS

1º Sesion:

A/ Elaboración dun cadro plasmando sustancias que se consumen habitualmente (consultar estatísticas PNSD), as súas principais características e a extensión do seu consumo. Outra alternativa é elaborar un cadro similar con outras condutas adictivas.

B/ Completar cadro iniciado na sesión con diversos riscos /problemas derivados do consumo de sustancias e outras “condutas adictivas”

 

2º Sesión:

A/ Facer un “Balance Decisional” valorando un posible cambio de hábito: cambio na dieta, comezar a facer exercicio, …

B/Facer análise iniciado durante a sesión seguindo o MODELO PRECEDE

 

3º Sesión:

Elaborar un pequeno dicionario estilo “PASAPALABRA” con conceptos aprendidos durante as sesións.

A través de exposicións, investigación, tarefas e comentarios de videos tentaremos achergarnos dun xeito activo a esta realidade.

Docentes

Blanca Pazos Riveiro

Educadora social. Colexiada 3547

Educadora Social na Comunidade Terapéutica Julio Portela e no Equipo de Prevención de Drogodependencias do ACLAD de A Coruña. Tamén traballou coma Educadora Social no Servicio municipal de atención a urxencias sociais (SEMUS) na Coruña, na Unidade Municipal de Drogodependencias (UMAD) en Santiago de Compostela e na asociación Chavós en Compostela novamente. Ten experiencia docente en diversos obradoiros de prevención da drogodependencia no concello de A Coruña e cursos de mediación na UDC.

Alfonso Tembrás López:

Educador social. Colexiada 0103

Diplomado Ciencias da Educación pola USC. É experto en Educación para a Saúde e no Tratamiento integral de drogodependencias. Traballa como Educador Social no ACLAD de A Coruña e ten experiencia laboral no equipo de prevención da Asociación Emilia Gómez ADAFAD e experiencia como docente en diversos cursos do plan FIP, cursos de mediadores en saúde e obradoiros de prevención da drogodependencia no Concello de A Coruña.

Inscricións

Reducida

50

EUROS


Colexiadas/os Ceesg,
estudantes de Educación Social Amigas/os do Ceesg,
así como de calquera colexio profesional adscrito ao CGCEES.


Xeral

100

EUROS


.

Outras persoas interesadas