Esta é unha acción formativa deseñada con moito mimo, esforzo, cariño e traballo que se lanzou o ano pasado por vez primeira. Ante o éxito acadado, sobretodo con respecto ao grao de satisfacción das e dos asistentes que, na súa totalidade, describiron a formación como valiosísima para o desempeño profesional e calificaron a súa docente cun 9,5 sobre 10 decidimos que era necesaria unha segunda edición.
No desempeño profesional da Educadora/or Social é habitual atoparse con situacións complexas e de difícil manexo. En moitos dos ámbitos de actuación, a nosa intervención adoita estar dirixida aos colectivos especialmente vulnerables, nos que a súa vida está condicionada en certa medida por eventos traumáticos.
Entender as condutas presentes da persoa desde as experiencias vividas do pasado, permite ao profesional ter unha nova visión sobre o que sucede. Estas novas lentes de ver permiten encaixar aquelas pezas do quebracabezas que ás veces parece non ter solución.
É por iso que ter información sobre saúde emocional e trauma é de especial importancia para facer unha intervención de calidade dentro do contexto social.
Aínda que no traballo directo con estes colectivos é indispensable contar coa devandita formación a realidade é que ter información básica sobre o funcionamento do cerebro, sobre regulación emocional e sobre apego e trauma debería ser importante na formación de calquera profesional cuxa intervención sexa por e para as persoas.
O obxectivo deste curso non é achegar “pautas máxicas” a situacións complicadas, senón achegar información sobre apego, regulación emocional e trauma que axude a entender certas condutas e expor unha nova visión da intervención con colectivos en risco de exclusión social ou vulnerables de selo.
Este curso exponse en modalidade presencial, xa que busca ser interactivo e participativo.
Haberá unha presentación teórica de cada módulo, para falar e reflexionar sobre os conceptos expostos. Esta presentación irá acompañada de vídeos que reflictan o explicado, así como de exercicios que axuden a interiorizar a posta en práctica da teoría.
Educadora social. Colexiada 5401
Diplomada en Educación Social e licenciada en Pedagoxía. Experta en trastornos de personalidade e trauma.
Desde 2009 exerce a súa profesión no Instituto de Investigación e Tratamento do Trauma e os Trastornos de Personalidade (INTRA-TP) e desde 2020 tamén por conta propia.
Conta con formación específica en Apego, trauma e disociación. Ademais, ten 15 anos de experiencia de traballo no ámbito de menores gravemente traumatizados, tanto na intervención coas súas familias, como cos propios menores, e na supervisión de profesionais de recursos de protección á infancia.
Nos últimos anos ofreceu diferentes cursos para a formación de profesionais de centros de protección á infancia da comunidade, así como para a formación de mestres, en temas de Apego, Regulación Emocional e Trauma na infancia. Tamén impartiu charlas para pais en diferentes colexios, traballando así na prevención desde a perspectiva da atención e o coidado emocional dos menores.
Foi relatora en numerosos cursos impartidos a profesionais sobre o tratamento do Trastorno Límite de Personalidade, así como en charlas e obradoiros a familiares de persoas con Trastorno Límite de Personalidade en diferentes cidades de España.
EUROS
Colexiadas/os Ceesg,
estudantes de Educación Social Amigas/os do Ceesg,
así como de calquera colexio profesional adscrito ao CGCEES.
EUROS
.
Outras persoas interesadas