Curso Universitario de Especialización en Peritaxe Social: Marco Xurídico, Informes Periciais e Resolución de Casos
O peritaxe social constitúe un ámbito de especialización con relevancia nos procedementos xudiciais e administrativos, achegando unha valoración profesional fundamentada sobre situacións e realidades sociais. Esta formación ofrece os coñecementos básicos para comprender o marco xurídico do peritaxe social, elaborar informes periciais e coñecer o papel da persoa perita nos distintos procedementos xudiciais, desde unha perspectiva ética, rigorosa e fundamentada.
Ao finalizar este curso:
Dominarás os fundamentos legais e profesionais do peritaxe social e os seus ámbitos de actuación.
Saberás elaborar e estruturar informes periciais sociais aplicando metodoloxías rigorosas e criterios de calidade.
Prepararaste para defender e ratificar os teus informes en procesos xudiciais con seguridade e solvencia.
Interiorizarás os principios de ética, imparcialidade e responsabilidade profesional, aplicándoos en casos prácticos de intervención pericial.
Este curso impártese no marco da colaboración entre o CEESG e Talentia Formación, o que permite ofrecer unha formación especializada cun prezo reducido especial.
Datos básicos do curso
Datas: Do 15 de xullo ao 31 de decembro.
Duración do curso: 100 h.
Modalidade: En liña, ao teu propio ritmo.
Lugar: Plataforma virtual de Talentia Formación.
Cota de matriculación:
75 € Colexiadas e precolexiadas (do CEESG ou calquera outro Colexio Profesional adscrito ao CGCEES).
90 € Persoas non colexiadas.
Data límite inscricións: 12 de xullo do 2026.
Certifica: Universidade de Vitoria-Gasteiz (EUNEIZ) con 4 ECTS e Talentia Formación.
Este Curso Universitario de Especialización en Peritaxe Social está dirixido a profesionais que desexan intervir en procesos xudiciais achegando unha valoración social sólida e fundamentada.
É unha formación especialmente indicada para profesionais do ámbito social ou xurídico que queiran formarse en peritaxe social, elaboración de informes periciais e actuación ante os tribunais.
Tamén resulta de especial interese para persoas peritas en formación e para estudantado das ciencias sociais e xurídicas que procura unha preparación práctica e aplicada no ámbito pericial.
Ao finalizar a formación, o alumnado poderá descargar de maneira inmediata un diploma provisional acreditativo da realización do curso.
Así mesmo, recibirá o Diploma da Universidade de Vitoria-Gasteiz (EUNEIZ), no que constarán os datos identificativos da persoa participante, a carga horaria da formación e os contidos cursados. O diploma incorpora sistemas de verificación electrónica que garanten a súa autenticidade.
A formación conta con 4 créditos ECTS e a titulación emitida pola universidade ten validez académica e profesional, podendo ser valorada como mérito en procesos selectivos, bolsas de emprego e outras convocatorias, de acordo co establecido nas súas bases.
Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.
Puedes revocar tu consentimiento en cualquier momento usando el botón de revocación del consentimiento.