Loading...

FORMACIÓN CEESG

Lei Orgánica de Protección de Datos e o seu desempeño profesional na Educación Social


 

As Educadoras e Educadores Sociais acompañan a moitísimos colectivos, especialmente os máis vulnerables. Nese labor de acompañamento as profesionais necesitan afondar en problemáticas complexas nas que se traballa con datos persoais das persoas e colectivos aos que se acompaña.

O tratamento da información e como garantir a súa custodia e bo uso son elementos fundamentais para que unha intervención educativa sexa exitosa e acorde co código deontolóxico das Educadoras e Educadores Sociais.

Por esta razón o Ceesg oferta esta formación para que as colexiadas e colexiados poidan resolver as súas dúbidas con respecto a Lei Orgánica de Protección de Datos e como afecta esta ao seu desempeño profesional.

Que é un dato de carácter persoal?, quen é responsable do tratamento de datos?, lexitimación para o tratamento de datos, deber de segredo, supresión de datos, tratamento de datos e menores de idade, etc.

Nesta formación poderás resolver as túas dúbidas así como traballar con casos prácticos.

Impartido por persoal do servizo xurídico do Colexio.

Datos básicos do curso

  • DOCENTE:
    Cecilia Barros Díaz (Avogada do Ceesg)
  • DATAS E HORARIOS:
    Mércores 8, 15 e 22 de abril do 2026.
    De 16:30 a 18:00 h.
  • LUGAR: Plataforma en liña do servizo xurídico do Ceesg
  • MODALIDADE:
    En liña.
  • COTA INSCRICIÓN:
    De balde.
  • DESTINATARIAS:
    Colexiadas e precolexiadas Ceesg.

Inscricións

Gratuíta

0

EUROS


Colexiadas/os ou precolexiadas/os do Ceesg