Loading...

FORMACIÓN CEESG

Convivencia formativa SEAF 2026


Os SEAFs (Servizos de Educación e Apoio Familiar) forman xa servizo consolidado dende hai anos nos distintos concellos de toda Galicia.

Dende o Ceesg levamos tempo desenvolvemento formación especializada que xere un tecido colaborativo e participativo entre as profesionais da Educación Social dos SEAFs.

É preciso xerar e manter unha rede profesional que active a mellora continua deste servizo a través de prácticas innovadoras e participativas tal e como promove a normativa galega en materia de servizos sociais.

Iniciase este evento formativo co apoio da DX Familia da Xunta de Galicia no ano 2023.

Este 2026 mantense esa colaboración co obxectivo de seguir priorizando os SEAF como recurso de apoio ás familias dentro dos SSC dos concellos de Galicia

O formato convivencial ten a finalidade de reforzar a rede de Educadores/as Sociais dos concellos de Galicia apostando por unha liña de coordinación e autocoidado efectiva e baseada na sororidade e coidado profesional así como dunha rede de profesionais que se recoñezan entre si e favoreza o benestar profesional .

A asistencia durante toda a formación convivencial é obrigatoria atendendo ós obxectivos da convivencia .

Expedirase certificación de 20 h de asistencia

Datos básicos do curso

  • DATAS E HORARIOS: 23 e 24 de abril
  • DURACIÓN: 23 todo o día (con pernocta) e 24 ata o xantar
  • LUGAR: Residencia de Tempo Libre de O Carballiño
  • MODALIDADE: Convivencial (presencial con pernocta)
  • PERSOAS DESTINATARIAS: Dispoñibles 50 prazas para:
    • Educadoras Sociais dos Servizos de Educación e Apoio Familiar dos Servizos Sociais Comunitarios de Galicia.
    • Persoal equipas técnicas do menor: representación provincial.
    • Educadoras Sociais de referencia dos centros de protección de Galicia

    *Se quedaran prazas dispoñibles, estas poderían ser cubertas por persoal das equipas  SEAF que non teñan o grao ou diplomatura en Educación Social (faremos lista de agarda).

  • COTA MATRÍCULA: 36 €.
  • DATA LÍMITE INSCRICIÓNS:  16 de abril.
  • DIPLOMA: Expedirase certificación por 20 h de formación.

A intencionalidade é fortalecer o traballo en rede das profesionais de Educación Social dos distintos concellos de Galicia polo que a xuntanza debe ser presencial e incorporarse dentro da formación específica que dende a Xunta de Galicia se promova como mellora dos SEAF nos Servizos Sociais Comunitarios de Galicia.

  • Favorecer unha rede efectiva de coordinación que promova figuras de referencia en crianza terapéutica nos distintos recursos do sistema de protección galego
  • Xerar rede entre as Educadoras Sociais dos SEAFs.
  • Favorecer un marco formativo para as Educadoras Sociais dos SEAFs.
  • Intercambiar propostas de acción socioeducativa que se levan a cabo nos distintos concellos de Galicia a través dos SEAFs.
  • Aprender a usar os instrumentos (VALORA) e protocolos de intervención que a diario teñen que manexar as profesionais e a coordinación efectiva entre os distintos recursos.

Programa

XOVES  23 de abril

10:00. Traballando dende o xogo: propostas practicas

Unha formación dirixida a profesionais do traballo con infancia e familias. Un achegamento á aprendizaxe baseada en xogos con máis de 30 xogos para probar.

A función lúdico-pedagóxica é algo imprescindíbel xa que actualmente vivimos nunha «era da información», na que recibimos impactos informativos constantes, mais advirte de que non é o mesmo «ler información que sabemos que está aí, que asimilala e pasala polo corpo». O lecer e os xogos provocan motivación e conseguen facer que a información se asimile dunha maneira divertida e, sobre todo, conseguen «xerar conversa», algo esencial, «é esta conversa a que fai que a información chegue moito máis lonxe e logra concienciar mediante o desfrute».

 

12:00. Pausa para café e espazo Convivencial

 

12:30. Traballo de coordinación SEAF

Entre os obxectivos dos Servizos de Educación e Apoio Familiar están previr e atender as situacións que provoquen vulnerabilidade ou risco social ás familias ou unidades de convivencia, con especial atención aos menores de idade, así como realizar o seguimento e a intervención nas familias en que teña derivado aos servizos sociais especializados de atención á infancia. Para ese traballo é necesario o uso de ferramentas específicas de valoración dos casos e a coordinación cos diferentes recursos de atención e protección infantil.

 

13:30. Mesa de inauguración SEAF Carballiño 2025

D.Jacobo Rey Sastre. Director Xeral de Familia , Infancia e Dinamización Demográfica

Dna. Sonia González Rodríguez. Presidenta CEESG

 

14:00. Xantar convivencial

 

16:00. Espazo Formativo: Presenza Útil e educación social sensible ao trauma

Proposta de profesional especializada a cargo de Iñigo Martínez de Mandojana

  • Modelo comprensivo de acompañamento

 

  • A relación como motor da regulación emocional
  • A miña relación co síntoma
  • Conceptos claves para o trauma e resiliencia neural

 

19:00. Pausa café

 

20:30. Cea convivencial

 

21.00. Espazo de Autocoidado I

A incorporación de rutinas de autocoidado son clave para mellorar a calidade de vida e previr enfermidades, tanto físicas como mentais (ansiedade, depresión, entre outros). Isto favorece o restablecemento da saúde e empodera á persoa, dándolle máis recursos e control sobre a situación que está a manexar, como podemos coidar aos demais se non somos capaces de coidarnos a nós mesmas. Aprender a coidarse é unha forma de mellorar a relación cun mesmo, implica coñecerse mellor e saber que prácticas e intereses abonan á propia saúde.

 

VENRES 24 de abril

08:30. Almorzo convivencial

 

09:30. Espazo Formativo: O xogo terapéutico

  • Proposta de profesional especializada a cargo de Iñigo Martínez de Mandojana
  • Marco técnico do xogo terapéutico: Profúndase en como unha das mellores ferramentas de rehabilitación no desenvolvemento cognitivo, emocional e social do NNA.
  • Identificar ferramentas de xogo e neurodesenvolvemento: Apréndese a utilizar o xogo como medio de rehabilitación, acompañamento e vinculación sa.
  • Adaptar a intervención: Acomodación das técnicas de xogo máis adecuadas para cada idade e situación, e como aplicalas en diferentes contextos de acompañamento e intervención.
  • Adestramento en diferentes xogos e no rol da educadora social.

13:30. Presentación das conclusións e peche das xornadas.

Representación Ceesg.

 

14:00. Xantar convivencia

Docentes

Iñigo Martínez de Mandojana

Iñigo Martínez de Mandojana. Educador social, Psicopedagogo e formadorAdicou máis de dúas décadas ao traballo con nenos e nenas, adolescentes e familias en especial con aquelas en situación de desvantaxe socio-emocional a través do medio aberto, no ámbito residencial e agora mesmo nun Centro de Preservación Familiar. Especialista en Parentalidade positiva e Resiliencia, aposta sempre pola renovación e a mellora social.

É o escritor do libro “Profesionais portadores de Oxitocina: os bos tratos profesionais”. Acompaña tanto a pais/nais como a profesionais na arte da crianza positiva e terapéutica a través de conferencias, cursos de formación, obradoiros.

Naiara González Fontenla

Naiara González Fontenla (Colex. 3546) Educadora Social impulsora e creadora de proxectos de transformación, adícase ao traballo con grupos a través de ferramentas (círculos de diálogo, Biodanza, comunicación afectivo-consciente ou a voz) que favorecen o cambio das persoas, dos vínculos que establecen entre elas e co seu entorno e o modo no que se viven a si mesmas.

Sonia González Rodríguez

Sonia González (Colex. 3402) Diplomada e Graduada en Educación Social, Especialista en Intervención Familiar e en Mediación Familiar.  Conta con formación en intervención con persoas en situación de vulnerabilidade e violencia. Intervención familiar dende o Servizo de Educación e Apoio Familiar do concello de Arteixo. Docente – preparadora en prazas de Educación Social.  Actualmente é a Presidenta da Xunta de Goberno do Ceesg.

Cris e Kiko

Xerentes de Chafarís, tenda especializada en xogos de mesa infantis e familiares. Formadores independentes e relatores en Aprendizaxe Baseada en Xogos nos Centros de Formación e Recursos de Galicia.

Ademáis de coordinadores, montaxe e dinamización de zonas de xogo, docencia
en talleres e extraescolares de xogos de mesa e participación en feiras e
congresos coma a Maker Faire Galicia, Emocionalmente ou Encontro Educativo
Galego entre outros.

Inscricións

Cota única

36 €

EUROS


  • Educadoras Sociais dos Servizos de Educación e Apoio Familiar dos Servizos Sociais Comunitarios de Galicia.
  • Persoal equipas técnicas do menor: representación provincial.

*Se quedaran prazas dispoñibles, estas poderían ser cubertas por persoal dos SEAF que non teñan o grao ou diplomatura en Educación Social (faremos lista de agarda).