Os SEAFs (Servizos de Educación e Apoio Familiar) forman xa servizo consolidado dende hai anos nos distintos concellos de toda Galicia.
Dende o Ceesg levamos tempo desenvolvemento formación especializada que xere un tecido colaborativo e participativo entre as profesionais da Educación Social dos SEAFs.
É preciso xerar e manter unha rede profesional que active a mellora continua deste servizo a través de prácticas innovadoras e participativas tal e como promove a normativa galega en materia de servizos sociais.
Iniciase este evento formativo co apoio da DX Familia da Xunta de Galicia no ano 2023.
Este 2025 mantense esa colaboración co obxectivo de seguir priorizando os SEAF como recurso de apoio ás familias dentro dos SSC dos concellos de Galicia
O formato convivencial ten a finalidade de reforzar a rede de Educadores/as Sociais dos concellos de Galicia apostando por unha liña de coordinación e autocoidado efectiva e baseada na sororidade e coidado profesional así como dunha rede de profesionais que se recoñezan entre si e favoreza o benestar profesional .
A asistencia durante toda a formación convivencial é obrigatoria atendendo ós obxectivos da convivencia .
Expedirase certificación de 20 h de asistencia
*Se quedaran prazas dispoñibles, estas poderían ser cubertas por persoal das equipas SEAF que non teñan o grao ou diplomatura en Educación Social (faremos lista de agarda).
A intencionalidade é fortalecer o traballo en rede das profesionais de Educación Social dos distintos concellos de Galicia polo que a xuntanza debe ser presencial e incorporarse dentro da formación específica que dende a Xunta de Galicia se promova como mellora dos SEAF nos Servizos Sociais Comunitarios de Galicia.
Programa
XOVES 12 de xuño
10:00. Traballando dende o xogo: propostas practicas
Unha formación dirixida a profesionais do traballo con infancia e familias. Un achegamento á aprendizaxe baseada en xogos con máis de 30 xogos para probar.
A función lúdico-pedagóxica é algo imprescindíbel xa que actualmente vivimos nunha «era da información», na que recibimos impactos informativos constantes, mais advirte de que non é o mesmo «ler información que sabemos que está aí, que asimilala e pasala polo corpo». O lecer e os xogos provocan motivación e conseguen facer que a información se asimile dunha maneira divertida e, sobre todo, conseguen «xerar conversa», algo esencial, «é esta conversa a que fai que a información chegue moito máis lonxe e logra concienciar mediante o desfrute».
12:00. Pausa para café e espazo Convivencial
12:30. Traballo de coordinación SEAF
Entre os obxectivos dos Servizos de Educación e Apoio Familiar están previr e atender as situacións que provoquen vulnerabilidade ou risco social ás familias ou unidades de convivencia, con especial atención aos menores de idade, así como realizar o seguimento e a intervención nas familias en que teña derivado aos servizos sociais especializados de atención á infancia. Para ese traballo é necesario o uso de ferramentas específicas de valoración dos casos e a coordinación cos diferentes recursos de atención e protección infantil.
13:30. Mesa de inauguración SEAF Carballiño 2025
D.Jacobo Rey Sastre. Director Xeral de Familia , Infancia e Dinamización Demográfica
Dna. Sonia González Rodríguez. Presidenta CEESG
14:00. Xantar convivencial
16:00. Espazo Formativo: Adversidad temperá e regulación emocional: estratexias de intervención dende a acción socioeducativa familiar
Proposta de profesional especializada a cargo de Agintzari
A ciencia do desenvolvemento humano, a neurobioloxía e a psicoloxía relacional ensináronnos que as primeiras vivencias, especialmente aquelas marcadas pola adversidade, deixan pegadas que non sempre se ven, pero que modelan profundamente o modo en que as persoas aprenden a vincularse, a regular as súas emocións e a construír unha narrativa de si mesmas e do mundo.
Para as educadoras familiares, esta comprensión non é un luxo teórico, senón unha necesidade práctica. Cada día, no contacto directo coas familias, enfróntanse a comportamentos difíciles, vínculos fráxiles ou distorsionados e emocións desbordadas. Nese escenario, a intervención non pode limitarse á contención: necesita basearse no coñecemento profundo de como opera a adversidade, como se manifesta a desregulación emocional e, sobre todo, que ferramentas poden favorecer procesos de reparación, vinculación e transformación desde a relación educativa.
Comprender para acompañar, ler entre liñas para intervir, e soster para transformar: estes son os alicerces dunha acción socioeducativa que non só actúa sobre a realidade da infancia e as familias, senón con ela, desde un enfoque profundamente humano, sensible e profesional.
19:00. Pausa café
20:00. Cea convivencial
21.00. Espazo de Autocoidado I
A incorporación de rutinas de autocoidado son clave para mellorar a calidade de vida e previr enfermidades, tanto físicas como mentais (ansiedade, depresión, entre outros). Isto favorece o restablecemento da saúde e empodera á persoa, dándolle máis recursos e control sobre a situación que está a manexar, como podemos coidar aos demais se non somos capaces de coidarnos a nós mesmas. Aprender a coidarse é unha forma de mellorar a relación cun mesmo, implica coñecerse mellor e saber que prácticas e intereses abonan á propia saúde.
VENRES 13 de xuño
08:30. Almorzo convivencial
09:30. Espazo de Autocoidado II
10:30. Espazo Formativo: Adversidad temperá e regulación emocional: estratexias de intervención dende a acción socioeducativa familiar
Proposta de profesional especializada a cargo de Agintzari
13:30. Presentación das conclusións e peche das xornadas.
Representación Ceesg.
14:00. Xantar convivencia
Elizabeth Mendizabal Esteban. Psicóloga e psicoterapeuta de familia e de parella, EVNTF (Escola Vasco Navarra de Terapia Familiar) e membro de FEAP. Formación especializada en terapia individual sistémica. Desde o ano 2009 desenvolve labores de psicóloga en Servizos Sociais de Base, realizando labores de valoración e intervención no ámbito de protección de menores.
Na Actualidade é Psicoterapeuta do Servizo Arlobi-ADOPTIA de Atención Psicosocial de AgintzariSCIS como especialista en protección de menores, adopción e acollemento familiar.
Ademais, formou parte do equipo terapéutico do Programa Berritze, ofrecendo apoio psicosocial a familias acolledoras e persoas refuxiadas da guerra de Ucraína e no servizoBetirako, proporcionando atención psicolóxica en procesos de duelo, a través de valoracións e intervencións individuais. Experiencia en formación a profesionais do ensino, e a intervención social en materia de protección de menores, adopción e acollemento familiar, e na dinamización de talleres para alumnado e familias.
Naiara González Fontenla (Colex. 3546) Educadora Social impulsora e creadora de proxectos de transformación, adícase ao traballo con grupos a través de ferramentas (círculos de diálogo, Biodanza, comunicación afectivo-consciente ou a voz) que favorecen o cambio das persoas, dos vínculos que establecen entre elas e co seu entorno e o modo no que se viven a si mesmas.
Sonia González (Colex. 3402) Diplomada e Graduada en Educación Social, Especialista en Intervención Familiar e en Mediación Familiar. Conta con formación en intervención con persoas en situación de vulnerabilidade e violencia. Intervención familiar dende o Servizo de Educación e Apoio Familiar do concello de Arteixo. Docente – preparadora en prazas de Educación Social. Actualmente é a Presidenta da Xunta de Goberno do Ceesg.
Xerentes de Chafarís, tenda especializada en xogos de mesa infantis e familiares. Formadores independentes e relatores en Aprendizaxe Baseada en Xogos nos Centros de Formación e Recursos de Galicia.
Ademáis de coordinadores, montaxe e dinamización de zonas de xogo, docencia
en talleres e extraescolares de xogos de mesa e participación en feiras e
congresos coma a Maker Faire Galicia, Emocionalmente ou Encontro Educativo
Galego entre outros.
EUROS
*Se quedaran prazas dispoñibles, estas poderían ser cubertas por persoal dos SEAF que non teñan o grao ou diplomatura en Educación Social (faremos lista de agarda).