Loading...

Concurso TFG.eduso de traballos de fin de grao arredor da Educación Social, 2ª e 3ª edición

DATA:outubro 2016

 

Tfg.eduso é o concurso a través do cal o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia recoñece e pon en valor o labor do alumnado dende as aulas. Os traballos gañadores das edicións segunda e terceira foron os seguintes:

TFG.eduso, 2ª edición (curso 13/14)

Na categoría Educación Social Estendida:
“A Educación Social no campo da saúde. Novos retos e saídas profesionais: un estudio de caso”, de LAURA RUÍZ SORIANO. Universidade de Vigo.

Na categoría Educación Social Escondida:
A Educación Social e as persoas sen fogar: un estudio de caso”, de MABEL MARTELO FRAGA. Universidade da Coruña.

TFG.eduso, 3ª edición (curso 14/15)

Na categoría Educación Social Estendida:
Indagacións interdisciplinares na violencia de xénero: feminismos e Educación para a Paz”, de TANIA PEREIRA CARRACEDO. Universidade da Coruña

Na categoría Educación Social Escondida:
Proxecto de intervención socioeducativa: os beneficios das actividades asistidas con animais para a mocidade en risco de exclusión social”, de ALBA MARÍA OJEA CID. Universidade de Vigo.

Mención especial do xurado:
Piropos: afagadores? Ou práctica que mantén os estereotipos de xénero?”, de RAQUEL LOIS GÓMEZ. Universidade de Vigo