Loading...

Conclusións: Espazo de encontro Adiccións

DATA:2005
TIPO:Conclusións

 

Os ‘Espazos de Encontro’ do Ceesg configuráronse como unha fórmula de participación activa e directa das/os profesionais da Educación Social e doutras/os profesionais con interese en elaborar unha análise sobre determinados ámbitos de traballo nos que se desenvolve a nosa profesión.

Nesta ocasión centráronse nas adiccións, un dos problemas máis relevantes e característicos da nosa época. Así, afondouse no papel que a educación está a xogar para previr este tipo de dificultades, nas solucións que se están a artellar desde a iniciativa pública, desde a iniciativa social e desde a iniciativa privada. Tamén na xeración de demandas e
propostas coas que contribuir a mellorar as diversas situacións plantexadas e do noso traballo como Educadoras e Educadores Sociais.

Esta publicación recolle as conclusións da xornada