Loading...

Aviso Legal

AVISO LEGAL

 

En cumprimento do previsto no artigo 10 da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da sociedade da información e comercio electrónico (LSSI-CE), infórmase ás persoas usuarias do seguinte:

 

Titular del Sitio Web

 

Condicións de uso

Este Aviso Legal regula o acceso e utilización da páxina web https://ceesg.gal/ que o Colexio de Educadores e Educadores Sociais de Galicia (en diante CEESG) por a disposición das persoa usuarias de Internet. Enténdese por persoa usuaria aquela que acceda, navegue, utilice ou participe nos servizos e actividades da Web. A utilización do sitio web atribúe a condición da persoa usuaria e implica coñecer e ACEPTAR as condicións e termos de uso contidas nela. Se non está de acordo con algunha das condicións contidas neste aviso, debera deixar de utilizar a páxina web. O acceso e navegación pola mesma implica a aceptación de ditas condicións sen reservas.

A presente páxina web ten por obxecto facilitar ás persoas colexiadas e persoa usuarias en xeral, información relativa ás actividades e servizo do CEESG ou outra información que poida resultar de interese.

A información contida neste sitio web está suxeita a actualizacións continúas, polo que a persoa usuaria debe ler atentamente o presente Aviso Legal cada vez que desexe acceder ás informacións contidas na páxina web, xa que as mesmas puideran ter sufrido modificacións.

 

Acceso

O acceso a páxina web por parte das persoas usuarias é público e gratuíto.

Cando sexa necesario que a persoa usuaria se rexistre ou aporte datos persoais para poder acceder a algún dos servizo específicos, a recollida, o tratamento e, no seu caso, a cesión ou o acceso aos datos persoais das persoas usuarias será de aplicación o disposto na Política de Privacidade.

Modificación da páxina e interrupcións ou erros no acceso

O CEESG reservase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de previo aviso, modificacións e actualizacións da información contida na páxina web, da configuración e presentación desta e da condicións de acceso.

Contidos e páxinas enlazadas

A información contida nesta páxina web ten carácter meramente informativo e, en ningún caso, constitúe asesoramento de ningunha índole. A Política do CEESG é tratar de que os contidos esteen sempre actualizados, pero pode acontecer que non o esteen.

O sitio web contén textos elaborados con fins meramente informativos ou divulgativos que poden non reflexar o estado actual e que fan referencia a situacións xerais polo que o seu contido non pode ser aplicado nunca polo usuario a casos concretos. As opinións vertidas nos mesmos non reflexan necesariamente os puntos de vista do titular da páxina web. As persoas usuarias non deben actuar sobre a base da información contida neste sito web sen recorrer previamente á correspondente consulta co persoal do CEESG.

As persoas usuarias comprométense a facer un uso adecuado dos contidos e servizos que o titular da páxina web ofrece.

Os enlaces externos que contén este Sitio Web conducen a sitios xestionados por terceiros. O titular da páxina web non responde dos contidos nin do estado de ditos sitios. O uso de enlaces externos tampouco implica que o CEESG recomende ou aprobe os contidos das páxinas de destino.

A función dos enlaces que aparecen nesta páxina é exclusivamente a de informar ás persoas usuarias e socios sobre a existencia doutras fontes de información dobre a materia en Internet, onde poderán ampliar ou completar os datos ofrecidos nesta páxina.

En todo caso, o CEESG non asume a responsabilidade derivada dos contidos enlazados dende a súa páxina web, nin pode garantir a ausencia de virus ou de outros elementos nos mesmos que poidan producir alteracións no sistema informático (hardware e software), nos documentos ou ficheiros, ou os datos da persoa usuaria, excluíndo calquera responsabilidade polos danos de calquera clase causados a persoa usuaria por este motivo.

Pese a que os enlaces son supervisados regularmente para que non aconteza, no caso de que calquera persoa usuaria ou un terceiro, considerara que o contido ou os servizos prestados polas páxinas enlazadas son ilícitos, vulneran valores ou principios constitucionais, ou lesiones bens ou dereitos da propia persoa usuaria ou dun terceiro, rogase se comunique inmediatamente ao CEESG dita circunstancia, e especialmente se os enlaces consisten en:

  • Actividades ou contidos susceptibles de ser considerados delictivos conforme á normativa aplicable.
  • Actividades ou contados que violen dereitos de propiedade intelectual ou industrial.
  • Actividades ou contados que poñan en perigo a orde pública, a investigación pericial, a seguridade pública e a defensa nacional.
  • Actividades ou contidos que poñan en perigo a protección da saúde pública, o respeto á dignidade da persoa, ao principio de non discriminación, a protección da saúde e a infancia, a protección de datos de carácter persoal ou calquera outro valor ou principio considerado de interese.

Certos servizos prestados a través do sitio web poden conter condicións particulares con previsións específicas en materia de protección de datos persoais. Fanse indispensables a súa lectura e aceptación con carácter previo a solicitude do servicio de que se trate.

Propiedade industrial e intelectual

Todos os contidos, textos, fotografías, gráficos, imaxes, iconas, tecnoloxía, software, links e demais contidos audiovisuais e/ou sonoros, así como o seu deseño gráfico e códigos fonte, son propiedade intelectual do titular da páxina web ou de terceiros, sen que poida entenderse cedido a persoa usuaria sen ningún dereito de explotación recoñecido pola lexislación vixente.

As marcas nomes comerciais e signos distintivos son titularidade do CEESG ou de terceiros, sen que poida entenderse que o acceso á páxina web da que é obxecto o presente Aviso Legal atibúe ningún dereito.

Responsabilidades

O titular da páxina Web non será en ningún caso responsable polos danos e prexuízos de calquera índole derivados, directa ou indirectamente, da falta de lectura de este Aviso Legal, o do incumprimento das obrigas especificadas nas condicións. Asemade, o titular da páxina web exclúe calquera responsabilidade polos danos e prexuízos de toda natureza que, fora do seu efectivo control, poidan deberse a transcrición, difusión, almacenamento, posta a disposición, recepción, obtención ou acceso á páxina web ou aos seus contidos.

Aquelas persoas usuarias que fagan comentarios nas Redes Sociais ceden a título gratuíto os seus dereitos de propiedade intelectual, e están sometidos ás condicións expresadas no apartado contido aportado polas persoas usuarias da nosa política de privacidade.

Sede Electrónica

De acordo co establecido na Lei 25/2009, de 22 de decembro, de modificación de diversas leis para a súa adaptación á Lei sobre o libre acceso ás actividades de servicios e o seu exercicio pola que se modifica a Lei 11/2007, de 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, o CEESG se responsabiliza da integridade, veracidade e actualización da información e os servicios aos que poida accederse a través do seu Portelo Único.

Portal de transparencia

A través da información publicada no portal de transparencia, o CEESG cumpre de forma periódica e actualizada o principio de publicidade activa establecido pola Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, á que está sometida en virtude do artigo 2 apartado 2), cos mecanismos adecuados para facilitar a accesibilidade, a interoperabilidade, a calidade e a reutilización da información, así como a súa identificación e localización, no relativo as súas actividades suxeitas ao Dereito Administrativo.

Normativa e xurisdición

As presentes condicións de uso do Sitio Web réxense en todos e cada un dos seus extremos pola Lei española. Este Aviso Legal non se archivará individualmente para cada persoa usuaria senón que permanecerá accesible por medio de internet neste mesmo sitio web.