Loading...

Actas do IV Congreso do/a Educador/a Social

DATA:2004
TIPO:Libro de actas

 

En setembro de 2004 organizouse en Santiago de Compostela o IV Congreso Estatal do Educador/a Social baixo o lema ‘Políticas socioeducativas: Retos e propostas para o século XXI’. O eixo principal virou ao redor de como as e os profesionais da Educación Social e as súas organizacións teñen que ser actores nas políticas sociais.

Participaron máis de 550 profesionais e expertos de todas as Comunidades Autónomas e doutros países que realizaron unha análise das políticas sociais implantadas pola administración local, autonómica e estatal. Presentáronse 65 comunicacións sobre diversos aspectos dunha profesión cada vez máis implantada e celebráronse 14 encontros por ámbitos que posibilitaron debater sobre as nosas intervencións con profesionais que compartían un ámbito similar de experiencia profesional.

Este libro de actas recolle a produción que deu de si este congreso.