Actas 4ª Xornadas sobre Educación Social e Xerontoloxía
DATA:2008
DESCARGAR:Descarga aquí o documento.
TIPO:Libro de actas
A IV edición da Xornada sobre Xerontoloxía e Educación Social, celebrada en xaneiro de 2008, formulou como eixe principal os programas, actividades e experiencias interxeracionais.
Esta actividade serviu de punto de encontro para permitir ás educadoras e educadores sociais:
- Reflexionar acerca das novas necesidades e demandas que, respecto ao incremento da esperanza de vida, presenta a sociedade en xeral e as persoas maiores en particular.
- Coñecer programas e experiencias interxeracionais que se están a desenvolver ao longo da xeografía galega.
- Participar no deseño e construción do discurso e das liñas de acción propias da Educación Social no traballo con persoas maiores.
Neste libro recóllense os relatorios presentados.