Itinerario formativo: Teoría polivagal e Supervisión profesional para a Educación Social
Na práctica da Educación Social non abonda con saber que facer: tamén importa desde que lugar nos situamos, como interpretamos o sufrimento e que impacto ten a nosa propia presenza na relación de acompañamento.
Por iso, desde o CEESG presentamos dúas accións formativas complementarias dirixidas a profesionais da Educación Social que desexan incorporar novas ferramentas para comprender mellor os procesos de acompañamento, ampliar a súa capacidade de análise e coidar tamén da súa propia práctica profesional.
Formacións complementarias, pero independentes:
O curso Aplicacións sistémicas da teoría polivagal ofrece un marco de comprensión do funcionamento do sistema nervioso, da regulación emocional e dos procesos relacionais, proporcionando unha nova maneira de entender moitos dos comportamentos e síntomas que aparecen na intervención socioeducativa.
O curso A demanda implícita profesional e a fixación do sufrimento propón un espazo de supervisión e reflexión sobre a práctica profesional, afondando en como a nosa posición, as nosas necesidades e as dinámicas dos equipos inflúen nos procesos de acompañamento.
Podes matricularte en calquera dos dous cursos ou realizar o itinerario completo.
Aínda que para aproveitar mellor a segunda formación é recomendable ter realizado previamente a primeira, non é un requisito imprescindible.
As persoas que participaron no encontro de educadoras/es sociais dos SEAF do ano 2025 xa tiveron ocasión de achegarse á teoría polivagal da man do mesmo docente, mais atoparán nesta edición unha proposta de maior duración que permitirá integrar os contidos, afondar na reflexión e consolidar as aprendizaxes.
Curso 1. Aplicacións sistémicas da teoría polivagal
Datos básicos do curso
MODALIDADE: Presencial.
DATAS E HORARIOS: 16 e 17 de novembro de 2026 de 9:00 a 14:00 h.
DURACIÓN: 10 horas.
LUGAR: Centro Cívico Os Mallos (A Coruña)
PERSOAS DESTINATARIAS: Educadoras/es sociais colexiadas que traballen con familias e infancias.
INSCRICIÓNS: do 2 ao 9 de novembro (prazas limitadas).
Nesta formación descubrirás unha maneira diferente de comprender as condutas, as emocións e o sufrimento de nenas, nenos e adolescentes desde unha perspectiva sistémica, relacional e corporal.
Aprenderás a interpretar moitos dos síntomas que aparecen na intervención educativa non como problemas que eliminar, senón como estratexias de adaptación que teñen sentido dentro da historia e do contexto de cada persoa.
Tamén explorarás como o estado nervioso de quen acompaña inflúe na relación educativa e coñecerás ferramentas para favorecer procesos de regulación, seguridade e cambio.
A formación ten un carácter eminentemente experiencial. Os contidos teóricos combinaranse con exercicios prácticos, dinámicas de reflexión, experiencias corporais e análise de situacións reais que permitan integrar as aprendizaxes desde a propia vivencia.
O obxectivo non é acumular información, senón incorporar unha nova maneira de comprender e acompañar o sufrimento na práctica profesional.
Esta formación propón deter a mirada sobre a propia práctica profesional para comprender como as nosas expectativas, a necesidade de recoñecemento, o desexo de axudar ou a procura de eficacia poden influír —sen sermos conscientes diso— nos procesos de acompañamento.
Desde unha perspectiva sistémica, narrativa e corporal, explorarás como determinadas posicións profesionais poden contribuír á cronificación do sufrimento e que movementos permiten abrir novas posibilidades de cambio.
Trátase dun espazo de supervisión, reflexión e aprendizaxe compartida orientado a fortalecer unha práctica profesional máis flexible, consciente e sostible.
A formación desenvolverase cun enfoque fundamentalmente experiencial e reflexivo. Alternaranse breves exposicións teóricas con exercicios individuais, dinámicas grupais, análise de casos e espazos de supervisión compartida.
A experiencia das persoas participantes constituirá o eixo central da aprendizaxe, favorecendo a aplicación directa dos contidos á práctica profesional.
O corpo da persoa profesional como fonte de información relacional.
Procesos de fixación e flexibilidade na intervención.
Resistencias, síntomas e bloqueos desde unha perspectiva sistémica.
O papel dos equipos e da cultura institucional.
Tempo, urxencia e práctica profesional.
Ferramentas de autosupervisión.
Análise de situacións reais achegadas polas persoas participantes.
Docente
Gorka Saitúa
Pedagogo e orientador familiar, cunha ampla traxectoria profesional no ámbito da protección á infancia desde o ano 2002. Desenvolve o seu traballo desde unha perspectiva que integra a teoría sistémica estrutural-narrativa, a teoría do apego e a neurobioloxía interpersonal, promovendo unha mirada centrada nos bos tratos, na comprensión do sufrimento e na construción de relacións reparadoras.
É autor do proxecto Educación Familiar, desde o que desenvolve actividades de formación e divulgación dirixidas tanto a profesionais como a familias.
Inscricións
Curso 1
130
EUROS
Aplicacións sistémicas da teoría polivagal
Curso 2
50
EUROS
Demanda implícita profesional e fixación do sufrimento
Pack 2 cursos
150
EUROS
Aproveita o desconto por inscrición en ambos cursos
A ter en conta…
O prezo especial de 150 € só é aplicable se a inscrición se realiza nos dous cursos simultaneamente. Se te anotas unicamente no primeiro curso, poderás inscribirte posteriormente no segundo, pero deberás aboar o prezo correspondente a ese curso individual.
Teñen prioridade de inscrición as persoas colexiadas/os do CEESG. As persoas non colexiadas quedarán en lista de agarda ata tres días antes da celebración do curso, cando se lles notificará se dispoñen de praza ou non.
Usamos cookies para asegurar que te damos la mejor experiencia en nuestra web. Si continúas usando este sitio, asumiremos que estás de acuerdo con ello.
Puedes revocar tu consentimiento en cualquier momento usando el botón de revocación del consentimiento.