Loading...

FORMACIÓN CEESG

Curso Universitario de Especialización en Peritaxe Social: Marco Xurídico, Informes Periciais e Resolución de Casos


 

O peritaxe social constitúe un ámbito de especialización con relevancia nos procedementos xudiciais e administrativos, achegando unha valoración profesional fundamentada sobre situacións e realidades sociais. Esta formación ofrece os coñecementos básicos para comprender o marco xurídico do peritaxe social, elaborar informes periciais e coñecer o papel da persoa perita nos distintos procedementos xudiciais, desde unha perspectiva ética, rigorosa e fundamentada.

Ao finalizar este curso:

  • Dominarás os fundamentos legais e profesionais do peritaxe social e os seus ámbitos de actuación.
  • Saberás elaborar e estruturar informes periciais sociais aplicando metodoloxías rigorosas e criterios de calidade.
  • Prepararaste para defender e ratificar os teus informes en procesos xudiciais con seguridade e solvencia.
  • Interiorizarás os principios de ética, imparcialidade e responsabilidade profesional, aplicándoos en casos prácticos de intervención pericial.

Este curso impártese no marco da colaboración entre o CEESG e Talentia Formación, o que permite ofrecer unha formación especializada cun prezo reducido especial.

Datos básicos do curso

Datas: Do 15 de xullo ao 31 de decembro.

Duración do curso: 100 h.

Modalidade: En liña, ao teu propio ritmo.

Lugar: Plataforma virtual de Talentia Formación.

Cota de matriculación:

  • 75 € Colexiadas e precolexiadas (do CEESG ou calquera outro Colexio Profesional adscrito ao CGCEES).
  • 90 € Persoas non colexiadas.

Data límite inscricións: 12 de xullo do 2026.

Certifica: Universidade de Vitoria-Gasteiz (EUNEIZ) con 4 ECTS e Talentia Formación.

O curso será impartido en castelán.

Contidos

MÓDULO 1. Fundamentos do peritaxe social

  • 1.1. Concepto e natureza do peritaxe social
  • 1.2. Marco legal do peritaxe social
  • 1.3. O perfil e as competencias da persoa perita social
  • 1.4. Ámbitos de actuación do peritaxe social

MÓDULO 2. Elaboración do informe pericial social

  • 2.1. Metodoloxía e técnicas de investigación social aplicadas ao peritaxe
  • 2.2. Estrutura e contido do informe pericial social
  • 2.3. Criterios de calidade e validez do informe pericial
  • 2.4. Exemplos prácticos de informes periciais sociais

MÓDULO 3. Intervención pericial no proceso xudicial

  • 3.1. Procedemento xudicial e papel da persoa perita social
  • 3.2. A ratificación do informe pericial en sala
  • 3.3. Ética, imparcialidade e responsabilidade profesional
  • 3.4. Casos prácticos de intervención pericial en procesos xudiciais
A quen vai dirixido

Este Curso Universitario de Especialización en Peritaxe Social está dirixido a profesionais que desexan intervir en procesos xudiciais achegando unha valoración social sólida e fundamentada.

É unha formación especialmente indicada para profesionais do ámbito social ou xurídico que queiran formarse en peritaxe social, elaboración de informes periciais e actuación ante os tribunais.

Tamén resulta de especial interese para persoas peritas en formación e para estudantado das ciencias sociais e xurídicas que procura unha preparación práctica e aplicada no ámbito pericial.

Que inclúe este curso
  • Formación especializada
    Desenvolve coñecementos específicos e interdisciplinares.
  • Acceso multiplataforma
    Aprende desde o teu ordenador, tableta ou teléfono móbil.
  • Apuntamentos en formato PDF
    Materiais descargables para consultar ou imprimir cando o desexes.
  • Material complementario descargable
    Accede a recursos adicionais para ampliar os contidos da formación.
  • Exames tipo test (obrigatorios)
    Probas áxiles e obxectivas para avaliar a adquisición de coñecementos.
  • Actividades prácticas (optativas)
    Para aplicar os coñecementos adquiridos a situacións e casos concretos.
  • Titor/a persoal
    Acompañamento e apoio para resolver dúbidas durante todo o proceso formativo.
  • Vídeos e contidos multimedia
    Recursos audiovisuais que favorecen unha aprendizaxe máis dinámica e accesible.
Certificación

Ao finalizar a formación, o alumnado poderá descargar de maneira inmediata un diploma provisional acreditativo da realización do curso.

Así mesmo, recibirá o Diploma da Universidade de Vitoria-Gasteiz (EUNEIZ), no que constarán os datos identificativos da persoa participante, a carga horaria da formación e os contidos cursados. O diploma incorpora sistemas de verificación electrónica que garanten a súa autenticidade.

A formación conta con 4 créditos ECTS e a titulación emitida pola universidade ten validez académica e profesional, podendo ser valorada como mérito en procesos selectivos, bolsas de emprego e outras convocatorias, de acordo co establecido nas súas bases.

Prezos

Cota Colexiadas e precolexiadas CEESG (ou CGCEES)

75

EUROS



Cota non colexiadas

90

EUROS